viernes, 19 de junio de 2009

Gracias Pablo polo teu apoio.

A pesar da tractorada que lle colleu polo medio, Pablo García - un mar de ondas de frescura - chegou á nosa Pobra e á nosa casa, a da agrupación socialista pedindo desculpas polo pequeno retraso, cun aire de nobleza e de entusiasmo que, valga a redundancia, entusiasmou a toda a militancia.
Haille que agradecer que tivera a ben aceptar a invitación que lle fixo a nosa Sª Xeral, Teresa García, para participar nunha asamblea ordinaria na que os militantes fixeron autocrítica e tamén se valorou a situación política actual de Galicia e do noso partido. É a primeira agrupación que o novo Sº de Organización visita na nosa comarca.

Veu sobre todo a escoitar, a tomalo pulso e o sentir do partido pero tamén veu a apoiar o traballo que levamos facendo na agrupación e tamén no grupo municipal socialista, Coa súa presenza respaldou ó actual equipo que dirixe Teresa e nos deixou un entusiasmo e unha ilusión renovadas.

Pablo está a percorrer todas as agrupacións de Galicia na súa nova tarefa como Secretario de Organización do PSdeG coa finalidade de xerar a suficiente ilusión de xeito que este partdio, nesta nova etapa na oposición, sente as bases cara ao futuro. Un futuro que pasa por manter os gobernos municipais que xa temos e conformar un novo mapa político en Galicia con novas maiorías socialistas nos concellos e polo tanto nas Diputacións. Tarefa difícil pero non imposible. A base fundamental para poder regresar ó Goberno de Galicia. Primeiro os concellos e despois a Xunta.
A verdade é que a asamblea discorreu cunha cordialidade extraordinaria non exenta de críticas razonables. Hai que destacar que da a sensación de que esta agrupación está como unha piña, había tempo que non se veía deste xeito. É unha evidencia que cando se traballa, cando se está nos problemas dos cidadáns, cando se mantén a coherencia, o resultado é fructífero. Temos unha base social que manter e ampliar. Os 1.391 votos das europeas teñen que retornar ao reconto local. De ahí para arriba. A seguir traballando e ¡¡a por todas!!

Gracias ao compañeiro Pablo por achegarse a nós, gracias á militancia por participar e gracias á cidadanía pola súa confianza. Non imos defraudar a ninguén.

No hay comentarios: