domingo, 17 de enero de 2010

¡HAITÍ EXISTE!

Haití merece hoxe unha entrada neste blog.
Mais alá do que cada un de nós poida facer a nivel individual, queremos deixar aquí, nesta páxina a nosa absoluta solidariedade hacia esta pequena parte do mundo golpeada brutalemente, unha e outra vez, pola miseria e á que agora chega, coma si de un castigo diviño se tratase, a sacudida enorme da traxedia. Nestes momentos homes, mulleres e nenos xacen despedazados nas rúas, os cadáveres se amontonan e a axuda internacional parece ser que non chega.
Non imos paroveitar esta desgracia para facer valoracións das axudas de uns ou outros gobernos. Só queremos deixar constancia de que fai falla a axuda urxente en forma de doazons aínda que sexan de 1€. Existen ONG's solventes coma Cruz Vermella ou Solidaridad Internacional, UNICEF etc, que teñen nas súas páxinas web oos números respetivos de contas para axudar a este xa case desaparecido país.

"Haití ya no existe", este é o terrible titular hoxe do diario El País, pero está en toda a prensa nacional e internacional. Un SOS para esta pequena porción de terra que corre o perigo de desaparecer entre os seus escombros e que hoxe mais que nunca necesitan de nós. Unha oportunidade para dotar de contido á palabra SOLIDARIEDADE.

Envía a túa aportación ás contas 0049-0001-54-2210042242 y 2038-1001-37-6000888882 de Solidaridad Internacional.

No hay comentarios: