viernes, 22 de mayo de 2009

7J - Este Partido xógase en Europa

Empeza outra campaña. Non nos repuxemos aínda da derradeira e xa estamos enzarzados nesta. Pero esta vez o Partido xógase en Europa. O vindeiro 7 de xuño os españois imos decidir quen nos representará no Parlamento de Estrasburgo. Imos decidir que Europa queremos, e os socialistas apostamos por unha Europa diversa e plural de igualdade e progreso, omde se desenrolen políticas sostibles en materia medioambiental; unha Europa de loita contra o cambio climático, Unha Europa capaz de dar mais e mellores dereitos á cidadanía. Unha Europa social e cidadana.


Fronte ao noso modelo está o do PP encabezado polo Sr. Aznar e o seu amigo da FAES Mayor Oreja. Un modelo neoliberal e conservador que foi o mesmo que nos meteu nesta crise de orde mundial.

Galicia está moi ben representada no Parlamento europeo. Dende hai anos encárganse de deixar unha pegada en Bruxelas e Estrasburgo, o compañeiro Antolín Sánchez Presedo e a compañeira Rosa Miguélez Ramos. Ámbolos dous excelentes deputados que xa teñen feito un importante traballo por Galicia en materia econnómica e de pesca. E os dous volven repetir nesta candidatura encabezada por López Aguilar, unha excelente aposta do PSOE.

Os e as socialistas da Pobra estivemos hoxe de pegada de carteis. As 00:00 horas deste 22 de maio, uns vinte compañeiros e compañeiras percorremos as rúas da Pobra deixando unha imaxe de renovación e futuro. Algúns da vella garda, outr@s, bastantes da nova. Un ambiente de esperanza e de victoria.

¡¡A por todas!! A por Europa para empezar, o 7J.

No hay comentarios: