jueves, 25 de febrero de 2010

POBRA SOCIALISTA COA RIBEIRIÑA.



Os veciños da Ribeiriña están fartos . O pasado sábado Tere García e o resto de Executiva mantivemos unha xuntanza con eles para escoitar as súas necesidades para a zona. Quedamos en ir cos medios ata alí para denunciar eles o que non queren e o que precisan. Non queren barreiras, senón beirarrúas na marxe dereita da AC 305. Temen pola seguridade dos seus fillos que todos os días collen neste vial o autobús que os leva ó colexio. Saben que é necesario un proxecto de seguridade vial na zona e así llelo solicitaron ao alcalde. A única cousa que lograron foi a colocación dun tramo de gardarrail, que estreita o paso pola beiravía.
O proxecto de construción de beirarrúas mesmo chegou a iniciarse pero, sen saber porque os traballos nunca se executaron. Estes veciños están fartos de promesas incumpridas por parte do executivo local, polo que se sinten totalmente abandonados.
Non é a única reivindicación por parte destes veciños. A canalización de augas e a falta de limpeza dos sumidoiros provoca que, cada vez que hai chuvias a auga inunde a estrada e mesmo chegua a entrar nas vivendas.
Facéndose eco das denuncias veciñais estivemos os socialistas da Pobra Xa o dixemos neste blog moitas veces: o Sr. Isaac está a dar prioridade a actuacións que son secundarias, como o acondicionamento dos xardíns Valle-Inclán fronte a outras nas que está en risco a seguridade das persoas.
Teresa García fixo fincapé na desidia do Sr.Isaac que en lugar de xestionar xestionar os intereses veciñais de todos por igual, prima unhas actuacións diante doitras mais necesarias pero menos vistosas. Dende o Partido Socialista seguiremos facendo presión para que se acometan estas actuacións e se mellore a seguridade da zona.
Estamos cos veciños da Pobra. Onte á noite, moi tarde, e debido ás fortes choivas, Teresa García volveu a desprazarse ata outra zona onde o río desbordaba. Alí estivo, na Pontenaveira, cos veciños que ven como o goberno local adecenta o casco urbano mentres a eles chégalles a auga ata as casas.
(Vídeo en TVSB )

No hay comentarios: