O PSdeG da Pobra quere aportar o seu gran de area para que o noso concello medre de xeito sostible. Co novo Plan E do Goberno de Zapatero vanse seguir facendo obras e creando emprego. Dende e para os municipios. E por iso que NÓS queremos deixar constancia da nosa inquedanza polo MEDIOAMBIENTE. Para elo vimos de presentar unha nova MOCIÖN para que o noso fermoso pobo non quede atrás, PROPOÑENDO MEDIDAS concretas e actuacións que entendemos son NECESARIAS. Deixámovos a nosa proposta e xa nos diredes que vos parece
Mª Teresa García Guillán, concelleira do Grupo Municipal Socialista do Concello da Pobra do Caramiñal, o abeiro do disposto no art. 97/3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción relativa a contribuír a sostenibilidade ambiental e instalar enerxías renovables nos edificios públicos municipais.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Estamos ante un desafío histórico que supón o cambio climático e o esgotamento dos combustibles fósiles. Debemos ter en conta que as decisións que tomemos van a afectar, de maneira definitiva o futuro de moitas xeracións de cidadáns. Se necesita un modelo enerxético baseado na idea de “desenrolo sostible”.
A máis importante tarefa colectiva concreta que debería ter calquera sociedade nos momentos actuais é moi clara e sinxela: diminuír radicalmente a cantidade de combustións de sustancias fósiles que conteñan carbono. Non debemos esquecer que o gasto en electricidade deste pobo debe ser importante, (descoñecemos o dato pese a ser solicitado por escrito á Alcaldía), e a instalación de enerxía renovable contribuiría a un aforro notable na factura do mes.
O modelo enerxético actual é insostible polo seu elevado nivel de consumo e de emisións contaminantes, tal e como sinala nos seus informes a Axencia Internacional da Enerxía. É necesaria unha reflexión que permita concibir un modelo enerxético orientado a garantir o subministro de enerxía e o mesmo tempo protexer o medio ambiente.
Sen lugar a dubidas, estamos ante o fin dunha era, a dos combustibles fósiles, e estamos ante o comezo dunha nova Revolución Industrial protagonizada polas enerxías renovables.
Os últimos cinco anos foron suficientes para demostrar que a aposta política e empresarial por este sector en España non é ningunha quimera. En pouco tempo as enerxías renovables conseguiron consolidarse e demostrar que posúen unhas enormes potencialidades medioambientais, económicas e industriais no noso país.
Contamos cun dos sectores de enerxías renovables máis desenrolados e dinámicos do mundo, somos líder mundial, en producción e innovación tecnolóxica.
Pódese cubrir a demanda eléctrica exclusivamente con enerxías renovables, aínda que España seguira consumindo enerxía cas altas taxas actuais, e considerando diferentes escenarios de crecemento da poboación e da actividade económica, non habería ningún problema en cubrir esa demanda con enerxías renovables si o desenrolo desas fontes de enerxías recibira o impulso adecuado.
En definitiva, temos a ocasión na Pobra do Caramiñal de poder contribuír a sostenibilidade ambiental e fomentar o uso de enerxías renovables dos edificios públicos municipais mediante a oportunidade que nos da o Real Decreto-Lei 13/2009, do 26 de outubro, polo que se crea o Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local.
Poderán financiarse con cargo ó Fondo as obras destinadas a impulsar o aforro e a eficiencia enerxética, así como a accesibilidade e utilización de enerxías renovables.
Para elo, é necesario facer un estudio de viabilidade dos distintos locais municipais para poder instalar placas fotovoltaicas e termovoltaicas según as características de cada inmoble. Incluso en locais con superficie grande de tellado cabe a posibilidade de instalar paneis fotovoltaicos para a venta á empresa subministradora eléctrica.
O alumeado público nos merece unha mención especial xa que habería que substituír as lámparas convencionais por as de baixo consumo e estudiar a posibilidade de implantar pequenos paneis fotovoltaicos en cada farol.
Os parques e xardíns tamén poden contribuír a protección do medio ambiente e a un aforro importante do gasto municipal instalando luminarias alimentadas con enerxía solar.
Por todo elo, o grupo municipal socialista propón que o Pleno adopte os seguintes:
ACORDOS:
1º.- O concello da Pobra do Caramiñal fará un estudio de viabilidade de tódolos locais e instalacións municipais, para instalar placas fotovoltaicas e termovoltaicas ou outros sistemas de enerxías renovables según as necesidades de cada inmoble.
No hay comentarios:
Publicar un comentario