martes, 27 de octubre de 2009

Os socialistas cos veciños do Camiño Ancho

Acompañado dos edis da agrupación municipal socialista de A Pobra, o responsable de Infraestruturas da Deputación de A Coruña, Bernardino Rama achegouse este sábado ata o lugar do Camiño Ancho para falar cos veciños do lugar da Pedreira por mor da carencias que presenta a estrada que CP 6703.

Este vial, moi transitado por vehículos, dado que une o centro urbano da Pobra co polígono de A Tomada e a entrada Norte da Autovía, carece de sinalización vertical e horizontal, e non ten nin beirrúas nin pasos de peón. A estreiteza do vial obriga aos viandantes a ter que camiñar polas cunetas.

O veciños puxeron en coñecemento de Rama de que levan tempo movilizándose para denunciar esta situación. Xa recolleron máis de dúascentas sinaturas para demandar a dotación de elementos de seguridade vial neste tramo da estrada.

Tras coñecer a denuncia veciñal e inspeccionar a zona, Bernardino Rama comprometeuse a redactar un proxecto para mellorar a seguridade no lugar. (TVSB)

Como resultado desta acción veciñal os socialistas da Pobra presentamos onte unha MOCIÓN para que o Concello inicie os trámites necesarios ante a Deputación da Coruña.

MOCIÓN presentada polo Grupo Municipal Socialista.

Mª Teresa García Guillán, concelleira do Grupo Municipal Socialista do Concello da Pobra do Caramiñal, o abeiro do disposto no art. 97/3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción relativa a solicitude de construcción de beirarrúas na estrada CP-6703, no lugar do Camiño Ancho.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

A estrada CP-6703, nas proximidades co cruce da carreteira autonómica AC-302, no Camiño Ancho, nunca foi ancheada, testemuña de elo son os enormes muros de pedra situados a ambos marxees da estrada. O ancho reducido desta vía de comunicación, no tramo final, supón un grave risco para a seguridade vial, especialmente a dos peóns.

A carón desta estrada están situadas dúas empresas dedicadas ó conxelado de túnidos e unha conserveira, polo que soporta tráfico intenso e pesado xa que posteriormente estas empresas teñen que trasladar os seus productos ó polígono industrial da Tomada para a súa elaboración, ou a autovía para a súa distribución comercial.

O Camiño Ancho, é un lugar con moita densidade de poboación, polo que consideramos imprescindible que se faga un estudio de viabilidade de dita mellora e un programa serio de seguridade viaria.

Creemos ineludible a responsabilidade de asegurar un entorno de seguridade vial aos veciños do Camiño Ancho, xa que este tramo da estrada CP-6703 soamente ten unha anchura total de 6 metros, incluídas as cunetas, polo que estimamos necesario resolver esta demanda veciñal.

E por elo, que solicitamos que o Pleno adopte o seguinte

ACORDO:

O Pleno do Concello insta a Excelentísima Deputación de A Coruña para que realice un presuposto e faga un programa de actuacións encamiñadas a executar as obras de construcción de beirarrúas na estrada CP-6703, no Camiño Ancho.


No hay comentarios: