viernes, 16 de octubre de 2009

¡LAMENTABLE O ABANDONO DO RIO PEDRAS!

Dende o grupo municipal socialista da Pobra vimos a denunciar as condicións de abandono tan lamentables nas que se atopa o merendeiro, a carón do Río Pedras. O lugar é bonito, fresco, tranquilo,... precioso.

Este e outro espacio público abandonado, nas mesmas condicións que o paseo marítimo de Cabío. O Sr. Isaac é un gran afeccionado ás inauguracións, soamente quere obras novas pero esquecese sempre despois de facerlle o mantemento.

Este lugar sufre falta de limpeza e conservación, non se cortaron as herbas durante todo o verán, os farois están rotos desde hai meses, non alumean, o mobiliario urbano (mesas e bancos) deteriorado, ...

Estamos cansos de escoitar dicir ó Sr. Isaac, que a Pobra naceu bonita e sigue sendo bonita, ¿Non será polo que el a está coidando? Exceptuamos os Xardíns Valle-Inclán.

Nos membretes oficias do municipio figura o lema “municipio de interese turístico”, e esta é una mostra clara de amosar ós pobrenses o abandono e falta de mantemento dos espacios de lecer do noso concello. Habilitouse un espacio público como merendeiro é esquecéronse de limpalo e de facer o mantemento do mesmo durante máis dun ano.

Os Socialistas da Pobra esiximos ó equipo de goberno a limpeza, mantemento e acondicionamento de tódolos espacios públicos para o disfrute dos veciños e das persoas que nos visiten.
En resumo, fáisenos un tanto raro as manifestacións que fai o noso mandatario dicindo ata a saciedade que “é imprescindible o fomento do turismo para o desenrolo do noso pobo” e logo teña en semellante estado de abandono os nosos reclamos turísticos. Iso chámase incoherencia.


No hay comentarios: