domingo, 13 de septiembre de 2009

CHARLA RENOVADA E INTERESANTE

Nun ambiente renovado, o venres falouse das novas enerxías do século XXI, nun salón de actos do ISM practicamente cheo. Primeiro Manuel Gude fixo un interesante repaso pola teoría demostrando que sabe moito e sabe explicalo moi ben. Cunha impecable presentación de powerpoint expuxo unha chea de datos acerca das enerxías tradicionais derivadas do carbón e o petróleo e a ameaza seria de esgotamento das mesmas. E falou do interesante reto que supón a enerxía solar e a eólica para un país como España cun enorme potencial de produción nas mesmas. Por poñer un exemplo Alemaña produce mais enerxía solar que España con moitísimas menos horas de sol ao ano. Iso significa que si se inverte en tecnoloxía como fan os alemáns, España sería a primeira potencia produtora neste tipo de enerxía renovable e inesgotable.


Na súa intervención, o compañeiro Marcos Santos contounos a través de diapositivas, o interesante destas enerxías novas aplicadas a concellos e mesmo a particulares. Puidemos ver o aforro importantísimo que suporía para un concello coma o noso, a posta en marcha destas novas fórmulas. E así se demostra en municipios onde xa empezaron a aplicalas

E finalmente o compañeiro e senador Xabier Carro fixo unha exposición pormenorizada acerca das políticas enerxéticas socialistas, encamiñadas a substituir progresivamente as nucleares e eléctricas, grandes produtoras de contaminantes, por estas mais limpas e duradeiras, que non esquilman o planeta. Baseándose nun documento da Fundación Ideas, presidida polo ex-ministro Jesús Caldera, Carro apuntou ás políticas medioambientais socialistas como as únicas que poden posibilitar un freo ao actual deterioro do planeta e ao cambio climático e as únicas coas que podemos colocar a España nos primeiros postos do ranking mundial no que a enerxías renovables se refire.

No hay comentarios: