viernes, 18 de septiembre de 2009

MOCIÓN EN FAVOR DO MEDIOAMBIENTE


Como xa ven sendo habitual neste blog e no noso concello, os verquidos nos lugares a protexer estanse convertindo nunha rutina. Por este motivo, e xa cansos, moi cansos de denunciar continuadamente a pasividade do Sr. Isaac, que fai como quen escoita chover e como quen non se entera, pero SÍ, SÍ SE ENTERA do que fan os seus amigos, os socialistas da Pobra e máis en concreto a voceira e Sª Xeral, Teresa García, preparou e presentou no rexistro do Concello as eguinte MOCIÓN para o seu debte no Pleno do vindeiro xoves, aínda que XA SABEMOS....¡QUE O ESTÁN A FACER E A ARRANXAR XA E POLO TANTO O PP VAI VOTAR EN CONTRA!!! "COMO... XA O TEMOS FEITO Sra. TERESA....". ¡¡O CONTO DE SEMPRE!!

Mª Teresa García Guillán, concelleira do Grupo Municipal Socialista do Concello da Pobra do Caramiñal, o abeiro do disposto no art. 97/3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción relativa a impulsar o control dos verquidos industriais no Concello.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Os socialistas consideramos necesario impulsar o control dos verquidos industriais e afrontar dun xeito decidido un mal endémico que vén padecendo dende fai moitos anos o noso concello.

Os veciños da Pobra do Caramiñal estamos sufrindo un ataque permanente á saúde dos nosos ríos e da ría de Arousa pola pasividade do goberno municipal, o que ten consecuencias indesexadas para a poboación.

O recente descubrimento dunha tubaria que atravesa a estrada autonómica AC-302 e que verte sen control algún é unha boa mostra da situación de falta de control sobre os verquidos que existe no termo municipal.

O Grupo Municipal Socialista ven denunciando que os vertidos son continuados, non se trata dunha cuestión puntual, senón que se teñen detectado todo tipo de productos químicos que incluso queiman as colleitas.

Os olores que desprenden estas augas falan de vertidos. Si observamos a inmensa erosión que a auga ten feita no chan, podemos incluso deducir que se verten grandes cantidades de vertidos por esta canle.

Existe un falta de conciencia absoluta por parte das autoridades ó non ter en conta o dano irreparable que se lle causa ao medio ambiente, ademais dos prexuízos económicos que pode ter para os mariscadores e mariscadoras.

Por outra banda os verquidos continuados están ameazando permanente a saúde do río Morto de A Pobra.

En diferentes ocasións nos últimos meses os veciños da zona se teñen queixado de como o cauce do río Morto se tingue de branco, vermello ou incluso negro, e o olor da zona vólvese nauseabundo, tal e como vimos denunciado dende o pasado mes de abril diante da Policía Local. Soamente os Socialistas da Pobra, temos acumuladas un total de once denuncias diante da policía Local, en un período de catro meses, máis outras que temos constancia que fan persoas particulares e que foron publicadas na prensa.

É preciso actuar de xeito decidido para preservar a ría de Arousa e a saúde dos ríos e cauces fluviais, e neste caso o equipo de goberno debe activar con urxencia os mecanismos necesarios para poder frear esta desfeita ambiental.

Os responsables municipais deben traballar para facer compatible o desenvolvemento económico, a través das industrias asentadas na zona, co respecto ó medio ambiente e ó cumprimento da lexislación ambiental.

Temos que recordar que recentemente a asociación ecoloxista Verdegaia e Ecoloxistas en Acción concederon o seu peor galardón, a bandeira negra, o polígono da Tomada.

Por todo elo, este grupo que represento solicita a adopción do seguinte

ACORDO

1.- Que polo Sr. Alcalde se proceda a adoptar as medidas necesarias para proceder a erradicación de Verquidos, co obxecto de evitar o evidente dano que se lle está causando ó medio ambiente e á economía da zona, principalmente a relacionada co sector pesqueiro-marisqueiro e co turismo.

2.-Facer cumprir a lexislación ambiental en materia de verquidos industriais e precisamente o Regulamento Municipal, para favorecer un desenvolvemento económico sostible e onde convivan a producción industrial e a protección ambiental

Pobra do Caramiñal, a 08 de setembro de 2009.

No hay comentarios: