jueves, 26 de marzo de 2009

O Secretario de Medioambiente do PSOE acerca do Prestige


O Secretario de Medio Ambiente do PSOE, Hugo Morán, pediu que non se teña en conta o informe do perito, Santiago Martín Criado, conforme coa decisión de afastar o Prestige da costa, tras coñecer que este perito foi asesor do Ministerio de Fomento durante a catástrofe.Non se pode ser xuíz e parte”, asegurou Morán.O dirixente socialista sinalou que o outro informe pericial solicitado pola xuíz “discrepa” do que elaborou Martín Criado, que evitou que o ex Director Xeral da Marina Mercante, José Luis López -Sors, séntese no banco no xuízo que se celebrará proximamente. Morán lembrou que dende o primeiro momento o PP quixo eludir as súas responsabilidades, non só na orixe senón na xestión da catástrofe ocasionada polo verquido do Prestige. Agora intenta agocharse con informes sospeotosos de "parcialidade"

Finalmente, o Secretario de Medio Ambiente
manifestou a súa confianza no xuizo que
comezará dentro de pouco e que espera que
dito informe non sexa tido en conta para
evitar calquer tipo de dúbida.


No hay comentarios: