jueves, 26 de marzo de 2009

Iniciativa no Congreso en favor dos xubilados e pensionistas

O deputado de Ourense no Congreso e voceiro de Consumo, Alberto Fidalgo, acaba de presentar unha excelente iniciativa para elevar o límite máximo da renda familiar que permite ós pensionistas e xubilados ser beneficiarios da tarifa social de telefónica, que supón un desconto do 70% na cota de alta de liña e un 95% de reducción na cota mensual, para as persoas con pensións mínimas.

Para poder ser beneficiario de esta tarifa social é necesario que os ingresos da unidade familiar non superen a contía do IPERM (Indicador Público de Efectos Múltiples). Gracias á política de suba de pensións levada a cabo polo GOBERNO SOCIALISTA en este ano,a pensión mínima a nivel nacional se sitúa en 546,55 €, por enriba do IPREM que son 527,24 €.

Fidalgo sinalou que nos últimos 4 anos o Goberno socialista incrementou en máis dun 30% as pensións mínimas e nesta lexislatura prevé un novo aumento do 25%, co que a suba destas pensións co Goberno Socialista situarase en máis do 50%". Asimesmo subliñou que esta medida é unha mais das levadas a cabo en tempos de crise para favorecer aos cidadáns, en especial ós sectores sociais con rendas máis baixas. Fidalgo conclúe que "é necesario modificar o indicador de referencia para que as subas depensións mínimas non se vexan anuladas pola perda deses beneficios, entre eles, o abono social telefónico".


No hay comentarios: