jueves, 1 de octubre de 2009

2010 ANO DA MOCIDADE NA POBRA


Debido a falta de iniciativa por parte do concello, os socialistas da Pobra imos facer unha proposta seria e atractiva para a mocidade do noso concello. Nos mais de 10 anos de goberno do PP, non pensaron para nada nos mozos da Pobra do Caramiñal.

O eixo da política municipal para a mocidade debería sustentarse na promoción do asociacionismo xuvenil e na dinamización sociocultural da xuventude do pobo.

A Oficina Municipal de Información Xuvenil, debería, entre outros:


- Orientar e distribuír información sobre temas de interese, como os relacionados co emprego, subvencións, tempo libre, orientación académica, intercambios.


- Poñer en marcha cursos que contemplen accións encamiñadas aos primeiros auxilios, á educación sexual, á información xuvenil, á busca do emprego, á orientación académica, á programas para a Xuventude da Unión Europea, á educación ambiental.


- Fomentar a creación de espacios de formación para que os mozos e mozas poidan facer uso dos recursos postos á súa disposición.


O esforzo municipal estaría orientado a buscar iniciativas e poñer en funcionamento un conxunto de novos equipamentos que dean satisfacción ás demandas e aos intereses da xuventude da Pobra

  • Actividades lúdicas: diferentes tipos de bailes (latinos, moderno, funky, breakdance, danzas orientais, etc.), xogos de rol e estratexia, torneos de dardos, ...
  • Actividades deportivas e xogos: pódense realizar espontaneamente (pachangas) ou de forma organizada: baloncesto mixto, fútbol, patinaxe, skate, ping-pong, xogos tradicionais, aeróbic, musculación, squash, tai-chi, ioga, etc.
  • Obradoiros: Cociña, cócteles sen alcol, xabóns artesanais, grafología, coiro, tatuaxes de henna, estilismo, abelorios, encadernación, talleres de fotografía dixital e analóxica, etc.
  • Acceso ás novas tecnoloxías: acceso a internet, chat, messenger, bluetooth, conexión wifi, cursos de nocións básicas (internet, ofimática, deseño de páxinas web, etc.), xogos na rede, etc.
  • Actividades culturais: cine, teatro, concurso de monólogos, obradoiros literarios, concertos, obradoiros de música tradicional, etc.
  • Espazos para quedar: á disposición dos mozos e mozas, espazos que poden ser punto de encontro e reunión. As actividades a desenvolver nestes espazos serán libres, coa única limitación das instalacións. Algúns exemplos do que se pode realizar nestes espazos son: futbolín, ping-pong,
  • xogos de mesa, dardos electrónicos, cómics, xogos de enxeño, rastro (intercambio de obxectos), etc.

Propoñemos: xornadas de convivencia, invitando a mozos e mozas doutros concellos, actividades de ocio e deportivas, contando con tódolos clubs deportivos e asociacións do concello. Outras alternativas como: skate, hip-hop. bmx, malabares, teatro, xantar da mocidade, festival das músicas dirixido a grupos noveis, (dando cabida a todos os estilos).

Para elo contamos cas instalacións municipais do pavillón de Venecia, o da Tomada, o salón de actos do museo Valle Inclán para as charlas, a casa de Raquel Soler,o teatro Elma.

Esta é unha mostra das diversas actividades que se poden desenrolar, e que en 10 anos de goberno non tiveron capacidade para atender pese a que esta era a lexislatura dos maiores e dos mozos.

E para rematar autorizamos ó PP da Pobra a copiar as nosas iniciativas polo ben dos mozos/as do noso concello e a declarar o 2010 como o Ano da Mocidade na Pobra.


sábado, 26 de septiembre de 2009

O PP DI NON AOS VECIÑOS DA DEVESA


O que parecía ia ser un pleno de mero trámite o pasado xoves, sen embargo para nós foi todo un acontecemento porque, ao fin puiderónse tratar todas as mocións que levabamos. E ademais foron causa de debate, aínda que o PP sempre fai o mesmo, é dicir non as debate: primeiro as vota en contra e logo, logo....¡EXOLICA O MOTIVO DO SEU NON!. Pois agora que saiban os veciños da Devesa que presentaron ao Concello as súas peticións, que o equipo de governo votou en contra. Xa en entradas anteriores vos informabamos das mocións que fomos presentando e que se debatiron no Pleno, e faltábanos ista que vos reproducimos a continuación:

Mª Teresa García Guillán, concelleira do Grupo Municipal Socialista do Concello da Pobra do Caramiñal, o abeiro do disposto no art. 97/3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción relativa a dotar de servidume as fincas da Devesa.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Os socialistas da Pobra apoiamos as demandas dos propietarios das fincas da Devesa, situadas aos marxees do río Morto e que carecen de acceso as súas propiedades, polo menos dende hai dez anos.

O lugar semella unha selva, é dun abandono total, o río xa non circula polo seu cauce a pesares de que hai uns meses a empresa Tracsa procedeu a súa limpeza. Tratábase de fincas de labor e de prados. A día de hoxe os propietarios son incapaces de recoñecer cal é a súa propiedade.

Semellante abandono ven propiciado pola falta de servidume. O deterioro do lugar é indescritible.

Os sedimentos do río e a contaminación ambiental que trae consigo, fai imposible acceder ó lugar nunhas condicións mínimas de seguridade para as persoas. Incluso hai lodos que si se pisan se pode afundir unha persoa, semellando areas movedizas.

O pasado mes de xuño o equipo de goberno, volveu a presentar un proxecto para a construcción dun paseo fluvial entre a Figueira e a Devesa. Esa actuación terá unha inversión de 1,2 millóns de euros e contempla a instalación dunha plataforma de 450 metros de largo, dos que 200 discorrerán xunto o afluente. Diferenciarase de maneira clara distintos materiais a empregar, e haberá partes destinadas ó tráfico rodado e outra para peóns. En ningún momento fala dos propietarios nin do acceso as fincas do entorno.

Por todo elo, este grupo que represento solicita a adopción do seguinte

ACORDO:

1.- Que polo Sr. Alcalde se proceda a rectificación do proxecto de construcción dun paseo fluvial entre a Devesa e a Figueira, contemplando a servidume as fincas da Devesa ou Travesas.

2.- Que se soliciten as autorizacións pertinentes para sanear e limpar o cauce do Río Morto dende a Pontenaveira ata as Travesas.

3.- Que se amplíe o leito do río para exercer de servidume as mencionadas fincas, tal e como tiña no pasado.

Pobra do Caramiñal, a 11 de setembro de 2009.

miércoles, 23 de septiembre de 2009

viernes, 18 de septiembre de 2009

MOCIÓN EN FAVOR DO MEDIOAMBIENTE


Como xa ven sendo habitual neste blog e no noso concello, os verquidos nos lugares a protexer estanse convertindo nunha rutina. Por este motivo, e xa cansos, moi cansos de denunciar continuadamente a pasividade do Sr. Isaac, que fai como quen escoita chover e como quen non se entera, pero SÍ, SÍ SE ENTERA do que fan os seus amigos, os socialistas da Pobra e máis en concreto a voceira e Sª Xeral, Teresa García, preparou e presentou no rexistro do Concello as eguinte MOCIÓN para o seu debte no Pleno do vindeiro xoves, aínda que XA SABEMOS....¡QUE O ESTÁN A FACER E A ARRANXAR XA E POLO TANTO O PP VAI VOTAR EN CONTRA!!! "COMO... XA O TEMOS FEITO Sra. TERESA....". ¡¡O CONTO DE SEMPRE!!

Mª Teresa García Guillán, concelleira do Grupo Municipal Socialista do Concello da Pobra do Caramiñal, o abeiro do disposto no art. 97/3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción relativa a impulsar o control dos verquidos industriais no Concello.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Os socialistas consideramos necesario impulsar o control dos verquidos industriais e afrontar dun xeito decidido un mal endémico que vén padecendo dende fai moitos anos o noso concello.

Os veciños da Pobra do Caramiñal estamos sufrindo un ataque permanente á saúde dos nosos ríos e da ría de Arousa pola pasividade do goberno municipal, o que ten consecuencias indesexadas para a poboación.

O recente descubrimento dunha tubaria que atravesa a estrada autonómica AC-302 e que verte sen control algún é unha boa mostra da situación de falta de control sobre os verquidos que existe no termo municipal.

O Grupo Municipal Socialista ven denunciando que os vertidos son continuados, non se trata dunha cuestión puntual, senón que se teñen detectado todo tipo de productos químicos que incluso queiman as colleitas.

Os olores que desprenden estas augas falan de vertidos. Si observamos a inmensa erosión que a auga ten feita no chan, podemos incluso deducir que se verten grandes cantidades de vertidos por esta canle.

Existe un falta de conciencia absoluta por parte das autoridades ó non ter en conta o dano irreparable que se lle causa ao medio ambiente, ademais dos prexuízos económicos que pode ter para os mariscadores e mariscadoras.

Por outra banda os verquidos continuados están ameazando permanente a saúde do río Morto de A Pobra.

En diferentes ocasións nos últimos meses os veciños da zona se teñen queixado de como o cauce do río Morto se tingue de branco, vermello ou incluso negro, e o olor da zona vólvese nauseabundo, tal e como vimos denunciado dende o pasado mes de abril diante da Policía Local. Soamente os Socialistas da Pobra, temos acumuladas un total de once denuncias diante da policía Local, en un período de catro meses, máis outras que temos constancia que fan persoas particulares e que foron publicadas na prensa.

É preciso actuar de xeito decidido para preservar a ría de Arousa e a saúde dos ríos e cauces fluviais, e neste caso o equipo de goberno debe activar con urxencia os mecanismos necesarios para poder frear esta desfeita ambiental.

Os responsables municipais deben traballar para facer compatible o desenvolvemento económico, a través das industrias asentadas na zona, co respecto ó medio ambiente e ó cumprimento da lexislación ambiental.

Temos que recordar que recentemente a asociación ecoloxista Verdegaia e Ecoloxistas en Acción concederon o seu peor galardón, a bandeira negra, o polígono da Tomada.

Por todo elo, este grupo que represento solicita a adopción do seguinte

ACORDO

1.- Que polo Sr. Alcalde se proceda a adoptar as medidas necesarias para proceder a erradicación de Verquidos, co obxecto de evitar o evidente dano que se lle está causando ó medio ambiente e á economía da zona, principalmente a relacionada co sector pesqueiro-marisqueiro e co turismo.

2.-Facer cumprir a lexislación ambiental en materia de verquidos industriais e precisamente o Regulamento Municipal, para favorecer un desenvolvemento económico sostible e onde convivan a producción industrial e a protección ambiental

Pobra do Caramiñal, a 08 de setembro de 2009.

domingo, 13 de septiembre de 2009

CHARLA RENOVADA E INTERESANTE

Nun ambiente renovado, o venres falouse das novas enerxías do século XXI, nun salón de actos do ISM practicamente cheo. Primeiro Manuel Gude fixo un interesante repaso pola teoría demostrando que sabe moito e sabe explicalo moi ben. Cunha impecable presentación de powerpoint expuxo unha chea de datos acerca das enerxías tradicionais derivadas do carbón e o petróleo e a ameaza seria de esgotamento das mesmas. E falou do interesante reto que supón a enerxía solar e a eólica para un país como España cun enorme potencial de produción nas mesmas. Por poñer un exemplo Alemaña produce mais enerxía solar que España con moitísimas menos horas de sol ao ano. Iso significa que si se inverte en tecnoloxía como fan os alemáns, España sería a primeira potencia produtora neste tipo de enerxía renovable e inesgotable.


Na súa intervención, o compañeiro Marcos Santos contounos a través de diapositivas, o interesante destas enerxías novas aplicadas a concellos e mesmo a particulares. Puidemos ver o aforro importantísimo que suporía para un concello coma o noso, a posta en marcha destas novas fórmulas. E así se demostra en municipios onde xa empezaron a aplicalas

E finalmente o compañeiro e senador Xabier Carro fixo unha exposición pormenorizada acerca das políticas enerxéticas socialistas, encamiñadas a substituir progresivamente as nucleares e eléctricas, grandes produtoras de contaminantes, por estas mais limpas e duradeiras, que non esquilman o planeta. Baseándose nun documento da Fundación Ideas, presidida polo ex-ministro Jesús Caldera, Carro apuntou ás políticas medioambientais socialistas como as únicas que poden posibilitar un freo ao actual deterioro do planeta e ao cambio climático e as únicas coas que podemos colocar a España nos primeiros postos do ranking mundial no que a enerxías renovables se refire.

martes, 8 de septiembre de 2009

O VENRES NO ISM DA POBRA CHARLA SOBRE AS ENERXÍAS DO SÉCULO XXI


O venres 11 ás 20:30 horas no local do ISM, charla sobre

AS ENERXÍAS DO SÉCULO XXI.


Falarán:


Manuel Gude


Marcos Santos Fungueiriño


Xabier Carro (senador do PSOE)

¡Esperámosche!

DEFENDAMOS A GRATUIDADE, É UN DEREITO CONSOLIDADO



















O xoves comenza o curso para miles de nenos e nenas de toda Galicia cuios pais e nais este ano van ter que facer un importante desembolso na compra dos libros, como ocorría antes da chegada de Touriño á Xunta de Galicia. Hoxe unha gran parte das familias galegas, mileuristas moitas delas, van ver como este PPdeG de Feijóo arrasou cunha das medidas mais importantes levadas a cabo polo goberno socialista de Pérez Touriño.

NON DEBEMOS ESQUECER:

-Para o PSdeG o Estado do Benestar se consolida en función de Dereitos; e a Educación é un piar indiscutible do estado do Benestar
-O PSdeG implantou en Galicia un novo dereito cidadán no sistema educativo:
a gratuidade dos libros de texto para todos e todas e debe ser considerada como un Dereito Universal.
-Co sistema do PSdeG, o cen por cen dos estudantes e das súas familias se beneciaban da gratuidade dos libros de texto. Máis de 217.000 estudantes e 167.000 familias
-O Partido Popular decidiu agora eliminar un dereito xa consolidado no sistema educativo galego: miles de familias galegas voltarán a ter que pagar os libros de texto
-O Partido Popular non quere falar de Dereitos Cidadáns e prefire un modelo que recorda ao vello sistema de benecencia.
-Grazas ao Partido Popular 130 mil familias pagarán agora os libros de texto; o que signica que o 78% perderán ese dereito.
-Co sistema do Partido Popular, unha parella que gane 771 euros brutos ao mes cada un, e teña dous llos; ou que gane 558 euros e teñ un só llo, terán que pagar os libros de texto.
-O PSdeG non renunciará nunca a un Sistema Educativo Público, Universal e Gratuito. E non lle permitirá ao PP que o dinamite.