jueves, 1 de octubre de 2009

2010 ANO DA MOCIDADE NA POBRA


Debido a falta de iniciativa por parte do concello, os socialistas da Pobra imos facer unha proposta seria e atractiva para a mocidade do noso concello. Nos mais de 10 anos de goberno do PP, non pensaron para nada nos mozos da Pobra do Caramiñal.

O eixo da política municipal para a mocidade debería sustentarse na promoción do asociacionismo xuvenil e na dinamización sociocultural da xuventude do pobo.

A Oficina Municipal de Información Xuvenil, debería, entre outros:


- Orientar e distribuír información sobre temas de interese, como os relacionados co emprego, subvencións, tempo libre, orientación académica, intercambios.


- Poñer en marcha cursos que contemplen accións encamiñadas aos primeiros auxilios, á educación sexual, á información xuvenil, á busca do emprego, á orientación académica, á programas para a Xuventude da Unión Europea, á educación ambiental.


- Fomentar a creación de espacios de formación para que os mozos e mozas poidan facer uso dos recursos postos á súa disposición.


O esforzo municipal estaría orientado a buscar iniciativas e poñer en funcionamento un conxunto de novos equipamentos que dean satisfacción ás demandas e aos intereses da xuventude da Pobra

  • Actividades lúdicas: diferentes tipos de bailes (latinos, moderno, funky, breakdance, danzas orientais, etc.), xogos de rol e estratexia, torneos de dardos, ...
  • Actividades deportivas e xogos: pódense realizar espontaneamente (pachangas) ou de forma organizada: baloncesto mixto, fútbol, patinaxe, skate, ping-pong, xogos tradicionais, aeróbic, musculación, squash, tai-chi, ioga, etc.
  • Obradoiros: Cociña, cócteles sen alcol, xabóns artesanais, grafología, coiro, tatuaxes de henna, estilismo, abelorios, encadernación, talleres de fotografía dixital e analóxica, etc.
  • Acceso ás novas tecnoloxías: acceso a internet, chat, messenger, bluetooth, conexión wifi, cursos de nocións básicas (internet, ofimática, deseño de páxinas web, etc.), xogos na rede, etc.
  • Actividades culturais: cine, teatro, concurso de monólogos, obradoiros literarios, concertos, obradoiros de música tradicional, etc.
  • Espazos para quedar: á disposición dos mozos e mozas, espazos que poden ser punto de encontro e reunión. As actividades a desenvolver nestes espazos serán libres, coa única limitación das instalacións. Algúns exemplos do que se pode realizar nestes espazos son: futbolín, ping-pong,
  • xogos de mesa, dardos electrónicos, cómics, xogos de enxeño, rastro (intercambio de obxectos), etc.

Propoñemos: xornadas de convivencia, invitando a mozos e mozas doutros concellos, actividades de ocio e deportivas, contando con tódolos clubs deportivos e asociacións do concello. Outras alternativas como: skate, hip-hop. bmx, malabares, teatro, xantar da mocidade, festival das músicas dirixido a grupos noveis, (dando cabida a todos os estilos).

Para elo contamos cas instalacións municipais do pavillón de Venecia, o da Tomada, o salón de actos do museo Valle Inclán para as charlas, a casa de Raquel Soler,o teatro Elma.

Esta é unha mostra das diversas actividades que se poden desenrolar, e que en 10 anos de goberno non tiveron capacidade para atender pese a que esta era a lexislatura dos maiores e dos mozos.

E para rematar autorizamos ó PP da Pobra a copiar as nosas iniciativas polo ben dos mozos/as do noso concello e a declarar o 2010 como o Ano da Mocidade na Pobra.


No hay comentarios: