miércoles, 7 de octubre de 2009

Estimulación, investigación e innovación made in Zapatero




O Plan “E” supuxo para o Sr. Isaac a posibilidade de poder cumprir ca meirande parte do programa electoral do PP da Pobra. Permitiu crear emprego e mantivo a actividade productiva de moitas pequenas e medianas empresas que, de non existir este investimento do Goberno de España, posiblemente terían pechado.

Os socialistas da Pobra, estamos moi satisfeitos co investimento e as melloras que supuxo o Plan de Zapatero para a nosa vila. É certo, que formulamos diversas denuncias sobre á forma de adxudicacións de algunhas das obras.
• O equipo de goberno obviou o trámite administrativo da contratación, saltándose “a torera” as leis vixentes.
• Marxinaron algún veciño, pese a que as obras constaban no proxecto, pero era un coñecido socialista pobrense.
• Permitiron que as obras comezaran antes de tempo e sen control da calidade das mesmas.
• Non respectaron os proxectos deseñados polos profesionais e cambiaron o trazado sen que previamente o modificaran os técnicos sobre o plano.
• Non se contrataron empresas locais e moitos traballadores, veciñ@s se sentiron abandonados polo goberno local, comandado por Isaac.

Previsiblemente a mediados deste mes de outubro aprobarase un segundo Plan Zapatero cun reparto escrupuloso dos fondos, sen ter en conta a cor política.
Esta segunda edición do Plan contará cun investimento aproximado de 5 mil millóns de euros e terá a responsabilidade de impulsar a chamada “economía sustentable”: a investigación, a innovación tecnolóxica, as enerxías renovables, as políticas ambientais e a dependencia,

Debido a experiencia anterior, a que debe ser un Plan dos veciños e veciñas, e que se deberían recoller todas as iniciativas, tendo en conta o maior número de sensibilidades posibles e ca maior participación, solicitamos:

- Que se faga un Pleno Extraodinario para debatir, para consensuar as obras, e non para descalificar e ofender unha vez máis ós membros da oposición.

En definitiva, considero que esta sería a forma adecuada de conseguir que o Plan Zapatero fora concibido como un plan para mellorar a vida dos pobrenses e cas obras máis útiles, sen chapuzas nin chanchullos.

Por elo, reiteramos a necesidade de que o Sr. Isaac convoque un Pleno extraordinario para propoñer as obras do novo Plan “E”.

Considero de vital importancia a creación dunha Comisión de seguimento do Novo Plan “E”, onde esteamos presentes todos os grupos presentes na Corporación.

É fundamental que as contratacións que faga o Concello, desta volta, teña en conta as empresas do noso Concello, e insistimos en que os traballadores sexan veciños e veciñas do pobo.

Nestes días que non paramos de escoitar a destacados membros do PP criticar os orzamentos do Estado, por parecerlle insuficientes as cantidades dedicadas a comarca, quero destacar que para nada falan do Novo Plan “E” que suporá un impulso para a creación de emprego e mantemento da actividade productiva de moitas empresas e un respiro para as afogadas contabilidades municipais.

No hay comentarios: