viernes, 9 de octubre de 2009

A NOSA HOMENAXE PARTICULAR AOS HOMES DO MAR




Si un marinero es mar,
rubio mar amoroso cuya presencia es cántico,
no quiero la ciudad hecha de sueños grises;
quiero sólo ir al mar donde me anegue,
barca sin norte,
cuerpo sin norte hundirme en su luz rubia.
(Luis Cernuda).

Os socialistas NON imos acudir mañá a un acto pensado para gloria do alcalde. Unha pretendida homenaxe aos homes do mar que só ten como fin o autobombo e a unción das masas para sair nos medios como o grande adalide dos traballadores do mar, mentras distrae a atención sobre cousas que acontecen e que lle fan pasar as horas mais baixas da súa carreira política. E a mostra de que é así é que para iso o Alcalde Magnífico Maceiras faíse acompañar do Almirante Xefe do Arsenal de Ferrol. E nós preguntámonos quen ven sendo este almirante e que representa un militar da armada nas vidas das nosas xentes do mar, dos que están a faenar nas augas do Índico arriscando as súas vidas, ou dos que o fan en augas cercanas das nosas costas; ou daqueles que traballan nas pontes de mando ou nas máquinas ou nas cubertas de petroleiros ou cargueiros. Que representa este señor na vida de tantas familias humildes e traballadoras do mar.
O que ocorre é que ao Alcaldiño lle "colocan" os reflexos dos metais lustrosos das medaias e dos entorchados militares e aínda que é baixiño, el medra e medra coma si fose un milhomes e crése entón que é un señor moi importante. Co que lle gustan a el estas parafernalias e os uniformes militares de gala cos "juantes" ben blancos, e os traxes bos ó estilo Camps; todo iso é o que lle fai botar peito e plumas coma un pavo real.

O que non imos facer os socialistas é ir de palmeiros a semellante SAINETE ESPERPÉNTICO de estilo RANCIO, RESESO E TRASNOITADO. Nós, dende esta páxina, rendemos a nosa particular homenaxe aos mariños e mariñeiros con eses versos do poeta Luis Cernuda co que comezaba esta páxina (e desculpade pero non atopamos ningún en galego).

Si Valle-Inclán levantara a cabeza......

No hay comentarios: