viernes, 7 de enero de 2011

FALTA DE ILUMINACIÓN E INSEGURIDADE VIARIA


Teresa García, a secretaria xeral dos socialistas da Pobra, presentará no próximo Pleno unha moción para instar ao goberno de Isaac a dotar de alumeado e corrixir a sinalización da ponte sobre a autovía, no lugar de Sanquelexo, parroquia de San Isisdoro de Posmarcos.

Numerosos veciños quéixanse sobre a pouca luminosidade que existe no lugar de Sanquelexo, sobre a ponte da autovía do Barbanza. Hai un tramo onde é necesario instalar novos puntos de luz, porque as persoas que pasan por este punto a primeira hora da mañá e a última hora do día se encontran con un camiño a escuras.

A falta de alumeado converte esta zona nun punto perigoso para calquera cidadán, pero sobre todo para as mulleres, por elo entendemos que se debe actuar con rapidez e mellorar a iluminación deste lugar.

A falta de luminosidade incrementa a inseguridade que xera a escasa sinalización da antiga ponte que cruzaba a vía rápida. Esta conta unicamente con unha valla arrimada ao terraplén, carecendo de sinalización vertical, o que fai que as persoas que non son do lugar e descoñecen esa situación, corran riscos para a súa integridade física, podendo incluso chegar a caer dunha altura considerable sobre a autovía.

A situación actual é un perigo pola inseguridade que xera ós viandantes e corren un grave risco de accidentes os vehículos, cuestión pola cal se debe actuar con dilixencia.

Esiximos un trato xusto porque os que padecen o sufrimento son sempre os mesmos, e estes veciños son os que pagan a deixadez e incompetencia deste goberno esgotado.

No hay comentarios: