jueves, 13 de enero de 2011

MENTRES NON SE DENUNCIA, ISAAC NON XESTIONA



Para o vindeiro Pleno ordinario os socialistas vamos a solicitarlle o goberno local melloras no entorno do colexio Salustiano Rey Eiras e a piscina municipal. Melloras que ven reivindicando a comunidade educativa pero este goberno esgotado fai caso omiso.

O lugar de Bandaseca é un paraxe moi frecuentado por ter dous centros públicos nas inmediacións, o colexio Salustiano Rey Eiras e a piscina municipal. A propia escola é un lugar de aprendizaxe, debe dar exemplo de valores cidadáns e de normas de seguridade que pretende impulsar, polo que esixe un firme compromiso dos poderes públicos para proporcionar un ambiente de seguridade no que os menores podan formarse e inculcarlle eses hábitos.


Non hai dúbida que o entorno destes dous centros necesita mellorar aspectos como a seguridade dos nenos que acceden o recinto escolar andando, e adultos que de noite acoden a practicar deporte. De todos é coñecido que a partir da entrada do colexio ata enlazar ca estrada AC-305, en todo o vieiro que circunda as vivendas unifamiliares alí edificadas e se intersecciona coa rúa Xunderama, non existe ningún punto de luz, converténdose de noite nun tramo urbano perigoso e inseguro para os viandantes; non se pode esquecer que a latitude na que se atopa a nosa vila provoca que as horas de luz natural diminúan notablemente nos meses de inverno, motivo polo que hai que prestar especial atención tanto á situación como aos horarios de funcionamento da iluminación pública.


Respecto a pasarela de madeira que fai de senda peonil, con tempo húmido, é intransitable xa que se escorrega, tendo os peóns que invadir a calzada, circunstancia que aumenta o risco derivado da inexistencia de alumeado público neste punto concreto. Se ben non se trata dun vieiro con excesivo tráfico, non é menos certo que as horas nas que existe unha maior circulación de vehículos -incluídos os autocares, vehículos de longas dimensións e máis perigosos para os transeúntes-, coincide cos momentos de maior afluencia de peóns, que non son outros que os momentos de entrada e saída do recinto escolar en que nenos de diversas idades circulan pola rúa acompañados, ou non, por persoas adultas.


Outro obstáculo que se encontran os rapaces que van camiñando ó colexio, e lles chove, é unha gran balsa de auga que se encontra no límite ca estrada AC-305. A causa do estancamento desa auga é que o pavimento da estrada AC-305 está máis alto que ó da rúa municipal. Tamén se produce outro estancamento de auga sobre a mesma ponte que da acceso tanto ao recinto escolar como á piscina municipal, consecuencia dun deficiente sistema de evacuación de pluviais

No hay comentarios: