lunes, 27 de diciembre de 2010

NOS GENES DO PP DA POBRA ESTÁ INCRUSTADA A CRISPACIÓN E A CALUMNIA

“Si murmurar a verdade aínda pode ser a xustiza dos débiles, a calumnia no pode ser outra cousa que a vinganza dos covardes”. (JACINTO BENAVENTE).

Por elo é preciso saír o paso das falsidades, inxurias e calumnias vertidas hacia a miña persoa polo Concelleiro de festexos Andrés Millán. Podo demostrar mediante catastro, que está a disposición deste concelleiro nas dependencias municipais, que non son propietaria de ningunha finca que estea afectada polo ámbito de expropiación do polígono da Tomada.

Estas declaracións reflicten o esgotamento deste goberno, recorrendo o insulto persoal por non ter argumentos nin proxecto de pobo. Non todo vale, exercer as inxurias como método, fala da falta de capacidade para ofrecer alternativas os veciños. Están nerviosos, teñen medo a perder o sillón cos beneficios que ten de poder e de cartos.

A este individuo estámoslle pagando todos os veciños da Pobra 32.755,38 euros anuais máis dietas. Estes case 33.000 euros pódense incrementar por asistencia a comisión de seguimento da xestión municipal pola que cobra 450 euros de cada asistencia. Que nos explique o Sr. Alcalde con que periodicidade asiste este concelleiro ou outros, a dita comisión. Parece que a este suxeito lle treme a silla, leva 12 anos vivindo dos veciños da Pobra, e pagámoslle para servir, non para servirse.

Si este persoeiro non é capaz de ofrecer alternativas aos veciños, e non cumpre co seu cometido que dimita ou ó cese o Alcalde.

Recordemos que en Pleno Aberto o Sr. Isaac dicía que xa tiñan comprados todos os terreos da ampliación da Tomada, que mostre cando me comprou a min algo Sepes, que ensine os documentos e que non diga que o seu estilo non é faltar a oposición. Non, as falsidades e as calumnias prefire que as faga outro da camarilla.

Xa é hora dun cambio, de acabar ca falta de respecto e ca mentira. Repito, calquera cidadán pode investigar no rexistro de Noia ou no Concello, si son propietaria de algunha finca as que fixo mención o concelleiro de festexos.

As inxurias non fan mellor xestor a ninguén, simplemente lle da un minuto de gloria a esa persoa resentida, perversa, maliciosa e malintencionada.

As capacidades humanas múchanse baixo a critica, ¡constrúan, non deterioren a convivencia!
Calumniade, calumniade que algo quedará, dicía Voltaire.

Mª Teresa García Guillán (Secretaria Xeral dos Socialistas da Pobra)

No hay comentarios: