viernes, 1 de mayo de 2009

25 de abril 09: a "revolucao" do socialismo galego


Xa hai unha semana que os tiñamos que ter feitos....os deberes claro. Os deberes de informarvos acerca do que aconteceu no Congreso Extraordinario e das decisións que se teñen tomado dentro do grupo parlamentario e que, afortunadamente, afectan a nosa comarca.
Por causas, xa o comentamos neste blog, alleas a nosas vontades, non puidemos facelo no seu momento, pero nunca é tarde e a dicha neste caso é boa.
Alí, en Pontevedra, no Congreso, os socialistas pobrenses estivemos representados magnificamente por Teresa e Pardavila. E ademais foron testemuñas invitadas Berta e Joseito. Alí cumpriuse co mandato da asamblea da Pobra de apoiar a Pachi e á nova CENG, e alí deixamos o noso gran de millo para sementar o novo socialismo galego. Nun 25 de abril, os/as representantes das bases, como aquela inolvidable canción de José Afonso, aquela que dicía aquilo de"o povo é quem mais ordena" decidiuse por unha ampla maioría encetar unha "revolucao" no corazón do socialismo galego.

Todo moi emocionante; o recinto de Caixanova case vense abaixo coa forza das mans, dos aplausos cheos de futuro e a corrente continua de ilusión e esparanza roxa.

Un novo equipo, moitas caras novas pero tamén moitas cheas da sabiduría dos que xa teñen vivido e experimentado case todo; estar na oposición e no goberno. A xuventude e a veteranía, as peles tersas e tamén algunhas xa con bastantes engurras, as cabezas canas e os cabelos luminosos, ompañeir@s nov@s nestas lides e outros que, sen dúbida, aportarán a súa veteranía.

E nese equipo un compañeiro desta bisbarra da Barbanza, veterano por certo, Juan Ares, o tenente alcalde e Sº Xeral de Boiro, que nos representará nesta nova andaina. ¡¡Noraboa Juan!!

Non sería xusto deixar pasar esta entrada sen felicitar (e felicitarnos tod@s) ao compañeiro Lage polo nomeamento como secretario do grupo parlamentario, e de paso, de agradecerlle o traballo levado a cabo na última etapa de Emilio Pérez Touriño como Sª Xeral o PSdeG-PSOE, na CENG da que formou parte como Sº de Formación.

¡¡Noraboa ós dous e noraboa por suposto a Pachi e a nova Comisión Executiva Nacional Galega!!
¡¡Noraboa ó SOCIALISMO GALEGO!!

No hay comentarios: