domingo, 26 de abril de 2009

"Trapicheo" no local da emisora

Sentimos non ter o blog actualizado pero temos problemas técnicos, (de informática), tan pronto nos sexa posible estaremos outra vez dando a información puntualmente. Perdoade por isto, aínda que continuamos ca actividade política coma sempre. Seguídenos nos medios de comunicación.

Esta nota enviámola o martes a prensa, ¡fomos capaces de recuperala!

Hai aproximadamente 15 días vimos na prensa que no local da antiga emisora municipal, ubicado na planta superior da escola do Camiño Ancho, houbera diversos actos vandálicos.

O normal, é que os responsables municipais se interesaran por corrixir a situación, é dicir, simplemente poñer unha pechadura nova a porta de entrada.

Según os veciños das inmediacións, o trapicheo e o botellón continua neste local. Podo afirmar que persoalmente me acerquei a comprobar a situación do local, para comprobar si xa contaba cunha nova pechadura e ver o material que se acumula dentro deste recinto. Pretendía corroborar a información de si era certo que hai centos de discos de vinilo almacenados no interior e totalmente abandonados.

A nosa sorpresa foi que abrimos a porta e nos encontramos cunha persoa dentro, sentada nun sofá. Pareceume “violar a intimidade deste individuo”, ¿dentro dun local público?, e non accedín ó interior.

Sabemos perfectamente que nese lugar vaise a edificar o local de ensaio, pero non ten xustificación o abandono dos locais públicos da maneira que o fai este equipo de goberno. Poñer unha pechadura nova pode custar 3 ou 5 euros e media hora de traballo de calquera traballador municipal. Dende logo é un custo que poden afrontar as arcas municipais a pesar do “crack” económico ó que nos leva o Alcalde ós veciños da Pobra.

Nos locais públicos non se poden consentir actividades ilícitas ou prexudiciais para a saúde, co beneplácitos dos responsables municipais. Para acceder a un local público ten que ser co consentimento dos xestores. Non comprendemos a desidea deste goberno, nos lles gusta que critiquemos e fiscalicemos a súa labor, pero están a deriva. A miúdo confunden a labor de oposición con falta de respecto, e esto, é desatender as funcións que os veciños lle teñen encomendadas.

A esto contestounos o Sr. Millán, con soberbia, e desprezo, simplemente rozando a mala educación. Están incómodos porque lle sacamos as súas vergonzas nos medios. Pois esiximos xestión para todos, nos soamente para os amigos.

No hay comentarios: