viernes, 8 de enero de 2010

A DEPUTACIÓN SOCIALISTA VAI INVERTIR NA POBRA PERO ¡AS ARCAS DE ISAAC NON DAN PARA MAIS!











A Deputación Provincial da Coruña puxo en marcha un Proxecto de promoción de eficiencia, aforro e calidade enerxética, facendo auditorías en 83 concellos, sendo a Pobra do Caramiñal un dos seleccionados. Realizouse unha análise detallada dos alumeados públicos e das dependencias municipais e unha proposta de medidas correctoras para conseguir, o aforro e a calidade enerxética desexada.

Na auditoría apreciase a falta de mantemento da iluminación pública, destacando o propio informe a falta de limpeza das lámparas, a humidade e po dos cadros de mando.


OS FALLOS:

- A optimización da contratación. So 17 cadros de mando dos 58 do concello están ben aproveitados. Todo esto repercute nun gasto innecesario anual que ronda os 663,22 euros.

- Corrección da enerxía reactiva. É aquela que teñen tódolos motores e transformadores internamente polo feito de estar conectados á electricidade, que provoca unha sobrecarga interna, diminuíndo a efectividade. Necesitase colocar baterías de condensadores para corrixir a deficiencia.

- Reducción do fluxo a media noite. Basicamente é diminuír a potencia das luminarias a partir das horas que circula menos xente. Para esto é necesario colocar uns reductores de fluxo en cada cadro de mando.

- Substitución das lámparas. Este concello conta con unhas lámparas moi antigas, da orden de 1.553 lámparas que se deben cambiar, xa que son de outro tempo e non son eficientes na actualidade. Resaltase neste apartado o problema das luminarias tipo globo que desaproveitan a capacidade lumínica e provocan contaminación


Desoíndo os consellos dos Socialistas da Pobra, o Sr. Isaac e o seu equipo, foron incapaces de apostar polas enerxías renovables

Toda a cuantía destas reformas para mellorar a eficacia (que non ten nada que ver ca enerxía renovable), sería do entorno dos 200.000 euros, dos cales a Deputación neste apartado non aporta nin 1 euro. Hai que dicir que facendo esta inversión o concello da Pobra aforraría 52.000 euros anuais na factura da luz,

Saiban os veciños da Pobra que este concello ten carencias por valor de 200.000 euros soamente en alumeado público, pese a que o Sr. Isaac nos di continuamente que en todo imos á perfección.

Na auditoría estúdanse as instalación municipais, a excepción do colexio Pilar Maeztu porque non se facilitaron os datos, e non se estudian dependencias como o Museo Valle Inclán, que este último consume máis Kwh que o centro de saúde ou o colexio Salustiano Rei Eiras. ¡¡INCRÍBLE!!

A inversión que vai facer a Deputación que preside O SOCIALISTA SALVADOR FERNÁNDEZ MOREDA é de 53.703,75 euros, unicamente se vai a destinar esta cantidade a mellora da eficacia e eficiencia enerxética, porque o Concello da Pobra que dirixe o PPopular Sr Isaac non ten liquidez para afrontar obra nova con recursos propios.

Instalaranse placas solares no pavillón de Venecia e caldeiras de biomasa no colexio Fdez Varela e na gardería Monte Carmelo. Pensamos que sería conveniente instalar máis dispositivos de enerxías renovables en outras dependencias municipais, tal e como o Partido Socialista instou mediante unha moción ao Pleno (ver en etiquetas "Mocións" neste Blog).

É necesario facer unha forte inversión para así reducir a factura anual e para ser un pouco máis comprometidos ca natureza e co futuro.

No hay comentarios: