sábado, 22 de agosto de 2009

“CHAPUZAS MACEIRAS & ASOCIADOS”


Co cargo ó erario público o magnífico “Mace”, alcalde da nosa querida Pobra ven de insertar na Voz de Galicia (edición impresa) do venres 21 de agosto un ANUNCIO a PÁXINA COMPLETA que a algúns nos fai pensar que, ou ben sufre trastorno bipolar, demencia xuvenil (non é tan vello) ou non sabe ler o que lle escriben. Ou ó mellor tamén esto vai ser culpa do PSdeG da Pobra......coma outras cousas que ó parecer o rumor "popular" nos sinala como culpables (ó estilo "marianista xenovés" con tramas de espionaxe polo medio, ¡¡sií síííí.!!...) e que é millor pasar de puntiñas e correr un tupido velo. Pero de verdade que isto ¡É ABSOLUTAMENTE INCRIBLE!. A páxina de PUBLICIDADE pagada con cartos públicos, posto que leva o escudo do Concello de A Pobra é un saúda do Alcalde para desexar Felices Festas ós veciños e veciñas. Isaac, cuio nome ven do hebreo e significa“risa” está facendo honor ó mesmo xa que se ríe de todo, das leis, das normas que él mesmo aprova, dos veciños… e ademais faríanos rir a moitos cos GAZAPÓNS que comete senón fose porque esto e unha CHAPUZA MAIS no seu dilatado curriculum de CHAPUZAS. E non é broma dado que este pobo non está para “chuflas”á hora de falar de gasto.


Pero ó que vamos:


O ASUNTO: un SAÚDA DO ALCALDE desexando Felices Festas do Carmen dos Pincheiros.


A MEGACHAPUZA: o texto do saúda que comeza decindo literalmente “Chegados como cada ano ao terceiro domingo de setembro celebramos no noso concello a festa do Divino Nazareno….” Segue todo o texto na mesma liña para rematar co xa tradicional “Que o Divino Nazareno nos protexa e axude”


Nós aproveitamos para pedirlle ó DiviÑo Nazareno e a Virxe dos PIncheiros, que nos protexa das falcatruadas do “Magnífico Isaac” e nos axude ós pobrenses a librarnos del.

Favores polos que anticipamos gracias.


Pincha na foto para vela mellor

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi bo, a secretaria de agora non é tan eficiente como a de antes.

O Rabizas dijo...

Xa quitou un anuncio novo, esta vez debeu de protexelo a Carmen dos pincheiros. Pero canto costaría a bromiña? Nada, esas son calderillas.
E o alcalde anda dicindo que foi culpa do periodico, XA! xDD