jueves, 28 de enero de 2016

CHARO VARELA SIGUE EN CAMPAÑA

Unha vez máis, volve a campaña difamatoria contra a nosa concelleira Teresa García. Esta vez Charo Varela, 1ª Tenente Alcalde do Concello da Pobra, dedícanos a súa atención, ofendida polas diversas criticas que aparecen nas redes sociais á súa proposta de dedicación exclusiva dun concelleiro de Nos Pobra. Charo Varela manifesta e defende en Facebook o aforro que supón o sistema de dietas imposto por Nos Pobra. Con isto tenta desviar a atención sobre o debate creado nas redes sociais sobre o salario do Concelleiro para liberar e sobre o aforro prometido en campaña por Nos Pobra. Nas súas manifestacións di que se propuxo un sistema de dietas, pero o certo é que non o demostra de ningunha maneira porque non o pode demostrar. Como noutras ocasións comentouse só existiron dúas reunións. Na primeira abordáronse temas de organización do Concello e pouco máis, tal e como se recolle no acta da reunión. Na segunda, non se falou de nada porque romperon as negociacións. Pero os feitos contan, na proposta electoral do PSOE ía unha redución salarial do 50%, no acta non se recolle nada do que di Charo Varela. Esta actitude de enfrontamento constante por parte de Charo Varela, ex militante socialista eex concelleira do PSOE, fainos ver que a súa animadversión enfermiza ten moito que ver coa ruptura daquelas negociacións. A discusión está en que a un señor, que se presentou a un cargo VOLUNTARIAMENTE, que se presentou sabendo onde se metía, agora queren que por ser concelleiro case se lle dobre o salario que vén cobrando no seu traballo habitual. A discusión está en que cando romperon as negociacións puxeron por diante uns argumentos que agora non serven. Onde dixen “digo digo Diego”. A discución está en que unha vez máis chegan a un pleno sen acordar os puntos para discutir, sen diálogo. ¿Esta é unha forma seria de Gobernar? Isto soa máis á forma de gobernar que tivo o PP durante os últimos 16 anos.

No hay comentarios: