lunes, 24 de enero de 2011

O CENTRO URBÁN TAMÉN ESQUECIDO

As obras do goberno do PP da Pobra céntranse en poñer flores no xardín e amañar as rúas limítrofes a este. É evidente o deterioro non só das parroquias senón do casco urbano.

A mostra é a rúa Luís Seoane, que vai desde a Gavoteira ata os Areais, é un rosario de baches pese a ser una rúa céntrica. O deterioro da estrada convertese no principal tema de conversación entre os veciños e usuarios da mesma porque levan soportando ese deplorable estado dende hai longo tempo.

O estado do firme é penoso e xera un risco real aos vehículos xa que poden sufrir desperfectos e ademais algúns andan en zigzag par evitar os buratos do asfalto.


No hay comentarios: