Na Intervención do Concello, está o expediente relativo á Conta Xeral correspondente ó exercicio do ano 2009. O Concello ten que cumprir a obriga legal de render as contas que constitúen o mecanismo que pon de manifesto a xestión realizada e permite controlar o uso e destino dado aos fondos públicos, en definitiva é un mecanismo de control.
Unha vez máis o Alcalde - Presidente da Corporación pon atrancos para obter a información necesaria para o posterior debate en Pleno sobre a aprobación da conta xeral do ano 2009. O pasado mércores día 27 de outubro foron solicitados verbalmente na Intervención Municipal, e por escrito o día 29, os informes de reparo seguintes:
• Informe sobre determinados incrementos salariais superiores ós legalmente previstos.
• Informe sobre a aprobación de facturas. Omisión de procedemento de contratación por exceder o importe ou prazo de duración dos contratos menores. Ausencia de factura pola prestación do servizo.
• Informe sobre a recadación de taxas por ocupación de dominio público. Inexistencia de liquidacións ou autoliquidacións xustificativas da recadación.
É evidente que a oposición está para fiscalizar ao goberno e nos parece gravísimo non ter acceso a esta documentación porque se supón que os incrementos salariais superiores os previstos non os pagou o Alcalde ca súa nómina, nin ningún outro membro do equipo de goberno.
Igual de grave é a ausencia de facturas pola prestación de servizos, non ter acceso a esa documentación fai pensar na multitude de facturas que poidan estar nos caixóns agochadas, e si a persoa ou empresa que prestou o servizo non pasa esas facturas por rexistro corre o risco de non cobralas.
A inexistencia de liquidacións xustificativas sobre a recadación de taxas pola ocupación do dominio público, pódenos facer pensar o peor, da deriva que poidan ter eses cartos.
Todos estes temas son de gravidade extrema porque cos cartos públicos o Sr. Isaac debe ser exquisito e transparente.
En todo caso supoñendo que eses informes foran irrelevantes non tería inconveniente en facilitalos, desta maneira o único que nos queda que pensar, no mellor dos casos, é que se trate de chapuzas ou trapicheos administrativos, sempre de mal gusto, porque non hai mellor orgullo que ser transparente e honrado.
É imposible ter debate no Pleno si se nos censura a información, tendo en conta que todos eses informes son parte da conta xeral do 2009 e da necesidade de fiscalizar o uso correcto ou indebido dos fondos públicos.
O obxectivo é que se atendan as peticións da oposición, (claro está, si non hai que agochar), porque a conta que se aprobe nese Pleno procede dos impostos de tódolos pobrenses e non da economía familiar do Alcalde, (que esa soamente lle afecta a el).
Por outro lado recoñece publicamente que efectuar inversións cos fondos propios do concello é unha tarefa difícil. Recomendámolle que reduza os gastos en atencións protocolarias, en pompa e boato, porque con eses actos minguan as arcas municipais. Toda esa propaganda tan vistosa pagámola todos os pobrenses. Menos gastos improdutivos e máis eficiencia e racionalidade na xestión.
Este dispendio dos pasados días contrasta cas reclamacións dos provedores, que como almas en pena, van cada día a intentar cobrar o que se lles debe, e para eles non hai cartos. Esta si é a nosa preocupación, menos derroche e máis pagar as persoas que prestaron servizos.
Reclamamos TRANSPARENCIA, e un concello que saiba os recursos económicos cos que conta, e a quen se lle debe.
miércoles, 3 de noviembre de 2010
O Alcalde da Pobra pensa que o concello é o seu "cortijo"
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario