A Secretaria Xeral, Mª Teresa García Guillán, en representación da Agrupación Municipal do PSdeG- PSOE da Pobra do Caramiñal firmou o pasado mes de xullo un convenio de colaboración ca Universidade de Santiago de Compostela. A duración do convenio é por dous anos prorrogables.
Dito convenio ten como finalidade facilitar unha formación práctica aos alumnos e que lle permita ter unha alternancia coa formación teórica, e a súa vez, lograr a súa mellor cualificación e futura adaptación a realidade social.
Esta Agrupación contou ca inestimable axuda dunha alumna de último ano de Ciencias Políticas o que lle permitiu combinar a teoría que se imparte na Universidade ca realidade social e política da Pobra.
Teresa García como titora da alumna en prácticas, tratou de facilitar a integración da estudante nun mundo novo, a través da observación, da apropiación de condutas e actitudes propias da política municipal.
Colaborar para que alumnos realicen unha experiencia política dentro do noso grupo político permitiunos aumentar e mellorar a nosa acción política.Estamos moi satisfeitos e agradecidos co traballo desenrolado por Jessica e esperamos que esta experiencia formativa lle sexa recoñecida e enriquecedora para o seu futuro.
No Barbanza, os Socialistas da Pobra somos os pioneiros nesta iniciativa, non temos datos de que outros Grupos políticos se ocuparan e preocuparan de formar e informar a estudantes universitarios. Quede constancia da nosa inquietude a favor da educación e cultura.
Teresa García, séntese tremendamente orgullosa de que Jessica nos elixira. Con esta iniciativa demostramos que os Socialistas da Pobra temos as portas abertas e sen fisuras para as persoas que queiran acercarse a nós. Con este tipo de colaboracións enriquecémonos todos e podemos demostrar que con moito esforzo, traballo, dedicación, honradez e vocación de servicio público pódense alcanzar as mais altas cotas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario