O goberno da Pobra está esgotado, sen iniciativa nin reflexos e no caso do POL quedou demostrado que tivo que ser o PSdeG-PSOE quen defendera os intereses dos veciños da Pobra porque o alcalde estivo ausente.
Fomos os socialistas os que disipamos todas as dúbidas e demos respostas xa que o Alcalde está adormecido e nada fixo polos veciños. Foi a remolque e copiando as nosas iniciativas.
Isaac Maceiras nin sequera aproveitou a visita do máximo responsable do POL a Pobra para defender o crecemento do noso pobo, simplemente faise fotos para que os veciños pensen que fai algo por eles.
Ca suposta reunión de traballo co director de sostenibilidade e paisaxe, debería ter convocado a tódolos grupos políticos da corporación porque toda a península do Maño, dende Caíños, Campiño ata Cabio, é dicir, todo o territorio que abarca desde o marxe esquerdo da AC-305 (dirección Ribeira), ata a praia da Lombiña, pasando pola Ribeiriña, a Mercé toda esa superficie ten hipotecado o futuro crecemento e desenrolo da zona pola calificación do chan como mellora ambiental e paisaxística.
É dicir, os propietarios das zonas anteriormente citadas, que na actualidade non poden construír porque o Plan Xeral non llo permite, dificilmente van a poder facelo no futuro a non ser que cambie o POL. Por iso advertimos das consecuencias económicas que van a derivarlle a estes propietarios, debido á aprobación deste POL, e que o Alcalde permanece impasible sen defender os interese dos seus veciños e dando palmas á actuación da Xunta só por ser da súa cor política.
A nosa proposta é que a Corporación Municipal do Concello da Pobra faga unha alegación conxunta para rebaixar a área de mellora ambiental e paisaxística.
No hay comentarios:
Publicar un comentario