viernes, 26 de marzo de 2010

FÚTBOL VERSUS POLÍTICA ...(OU Ó REVÉS)

¿Por que se demora a construción do campo de fútbol de Cadreche?

Outubro 2007. Os socialistas da Pobra xa falamos entón da necesidade doutro campo de fútbol alternativo ao do Xobre, que se atopa en condicións calamitosas, que servira aos clubs para adestramento.

Dous anos e medio máis tarde o goberno local do Sr. Isaac decide, coa aquiescencia do BNG, construír en Cadreche, no alto do monte, dito campo de adestramento.

Marzo 6 de 2009. Aínda queda unha parcela sen mercar en Cadreche co cal só se está a demorar a súa construción.

Financiamento da obra: A Deputación da Coruña, presidida polo socialista Salvador Fernández Moreda, aporta 130 mil €,. O Concello ten que poñer 60 mil (ben de recursos propios, ben doutras administracións) Como recursos propios non hai, o Sr. Isaac llos pide á Xunta. Pero primeiro hai que mercar os terreos.

Aínda despois de mercalos haberá que licitar a obra e adxudicala. Máis demora aínda.

Pero co tempo as cousas vanse poñendo no seu sitio:

Pregunta: ¿Poderíamos ou non estar na fase de construción dun campo de adestramento si se tivera unha pouca máis de cabeza e sentidiño común?

Resposta: SÍ PODERÍAMOS si a alternativa houbera sido xusto ó lado do campo da Alta como nós propoñiamos:

1. Non facía falla mercar terreos (son públicos)

2. A solución era máis inmediata.

3. A obra tería o visto bo de costas xa que a lei de 28 de xullo no artigo 25.2 di “ Con carácter ordinario soamente se permitirán nesta zona as obras, instalacións e actividades que, pola súa natureza, non podan ter outra ubicación ou presten servizos necesarios ou convenientes para o uso do dominio público marítimo - terrestre, así como as instalacións deportivas descubertas

4. Nas proximidades do estadio existe un merendoiro cheo de silvas con bancos e mesas rotas, absolutamente abandonado polo goberno municipal. Máis aínda, existe un vertedoiro para sermos exactos.

5. A nosa proposta era a máis viable, rápida e eficaz

Este espacio, con terreo público dabondo, era o idóneo para se converter en campo de adestramento.

Os clubs precisan con URXENCIA UN CAMPO DE ENTRENO e as xestións do Executivo local xa tardan demasiado. Pasaron ¡¡¡3 anos!!! e seguimos sen saber “para cando”.

A responsabilidade desta irresponsable forma de actuar é do Sr. Isaac e dos que, por asegurarse un puñado de votos dos directivos e membros dos clubs, decidiron desoír a nosa proposta que, sen dúbida, era máis áxil e económica.

Saber racionalizar os recursos existentes é unha das cousas que debe saber facer calquera goberno municipal.

En política as veces hai que sacrificar uns poucos votos en aras da eficiencia.


¡¡¡E QUE GAÑE O PUEBLA F.C.!!!


No hay comentarios: