martes, 5 de mayo de 2009


Vimos denunciando en reiteradas ocasións os vertidos de orixe industrial, desta vez encontramos un enorme tubo de saída nas inmediacións do polígono da Tomada porque se está procedendo a limpeza dos ríos da Pobra. Un tubo que atravesa a estrada autonómica AC-302 creemos que é imposible que o goberno municipal da Pobra non o supera. Da mesma maneira que o propio Sr. Isaac ten coñecemento de outra saída de vertidos procedentes da empresa Escurís, situada na Baiuca e que non hai forma de poder tapar a pesar das insistencias do Valedor do Pobo.

O equipo de goberno ten que ter conciencia do dano irreparable que se lle causa o medio ambiente, ademais dos prexuízos económicos que pode carrexar ós mariscadores.

Este achado corrobora o que os veciños veñen denunciando, os vertidos son continuados, non se trata do pimentón dun día puntual, senón que por esta canalización pasa todo tipo de productos químicos que incluso queiman as colleitas.

Que non intenten xustificar nada, como que poden ser o argumento de utilización para as canalizacións de augas pluviais, nos tememos a desculpa máis ilóxica. O color blanquecino e o cheiro que desprenden estas augas falan de vertidos. Si observamos a inmensa erosión que a auga ten feita no chan, podemos incluso deducir que se verten grandes cantidades de vertidos por esta canle, que é a do río Morto.

Tapen tódolos escapes libres, aos empresarios se lles subvencionou e subvenciona para cumprir ca lexislación ambiental. Cando polo contrario un particular causa un dano ambiental puntual cae sobre el todo o rigor da lei, aos que teñen poder adquisitivo alto aplícaselle indulxencias e mirase para outro lado. Si é necesario, aos que denunciamos se nos desprestixia nos medios de comunicación.

Dende o goberno municipal da Pobra deberían concienciarse para conservar e recuperar o estado dos nosos ríos, potenciando o seu enorme patrimonio cultural e poñendo en valor os atributos e beneficios que nos dan. Con esta actitude daríase resposta as preocupacións dos veciños que consideran a xestión dos vertidos industriais como un dos principais problemas ambientais do noso pobo.

No hay comentarios: