lunes, 13 de abril de 2009

Maceiras ¿non tes capacidade para poñer fin ós vertidos industriais?

Hoxe tivo lugar outra rolda de prensa cos medios, que poderedes seguer en TVSB ou TB á noite, para denunciar o que está acontecendo de xeito escandaloso no noso concello cos vertidos que xa puidechedes ver nas fotos dunha entrada anterior. O tema é serio e preocupante.
Tódolos veciños do pobo puidemos comprobar nestes días que nas inmediacións da depuradora había un cheiro nauseabundo, en días alternos, o mesmo cheiro que desprendía o río cos vertidos.
Si falamos da historia dos vertidos industriais neste pobo, temos que lembrar que ese foi o motivo polo que rompeu a vella depuradora, pero no ano 2002 o sr. Maceiras sendo Alcalde Magnífico dicía que " as empresas teñen un ano para adaptarse á lei" e ían ser obrigados todos a cumprila.
No ano 2001 declaraba que faría un seguimento exhaustivo dos vertidos procedentes das industrias e prohibiría conectarse a rede de saneamento aquelas que careceran de sistema de predepuración.

No ano 2000, consigue unha inversión de 3,6 millóns de euros (600 millóns de pts) para substituír a outra depuradora que quedou colapsada polos residuos industriais. Temémonos o peor, esta depuradora vai a correr a mesma sorte que a anterior pola permisividade que demostran os responsables municipais o longo de 10 anos de goberno.

Esta depuradora ten unhas balsas de decantación nas que na superficie só ten que haber auga, sen residuos, pero acontece que moitas veces estas balsas están cheas de espuma branca, cubertas cun manto de graxa ou con residuos sólidos en suspensión (restos de pota, calamar, túnidos, ...).
Coméntanos os expertos, que de seguir ca mesma tolerancia mostrada ata o de agora pode haber un risco de consecuencias desastrosas para a ría. Se houbera unha avaría terían que abrir as comportas, o cal quere dicir que a contaminación estaría asegurada para mariscadores, mexilloeiros e resto de profesionais do mar.

Aprobóuse un regulamento municipal de vertidos pero non é máis que papel mollado,;é evidente que hai grupos de presión neste pobo que teñen indulxencias, que poden contaminar, que poden prexudicar o medio ambiente e que as consecuencias derivadas das súas accións nin tan sequera teñen sanción económica algunha.
Cando polo contrario as persoas que utilizan a auga do río para regar as hortalizas ou arbores froiteiras ven como se secan e ven desaparecer o seu traballo e os cartos invertidos no cultivo, chegando a poñer en risco a súa saúde e da familia debido a contaminación da cadea alimentaria.

Non temos máis que ollar a hemeroteca para reafirmar os nosos argumentos, no ano 2004 o responsable de Aquagest, declaraba que o 90% das firmas xa se adaptara a normativa municipal de vertidos.
¿Como é posible que periodicamente existan vertidos de orixe industrial no río Morto, si hai 5 anos que dicían que cumprían ca normativa?

Esiximos responsabilidades ao Concello e a empresa Aquagest, pois ían a instalar un mecanismo para tomar mostras de forma constante de tódolos vertidos. Según eles temos a tecnoloxía, polo tanto nós queremos saber que empresa ou empresas están vertendo de maneira continuada ó río e a depuradora.

Da mesma maneira que lle imos solicitar:
- listado de empresas que non teñan sistema de predepuración e que se lle prohibira a conexión a rede de saneamento municipal por este motivo.
- Industrias que foron paralizadas por incumprir a normativa.
- Número de inspeccións feitas as empresas.
- Cantos expedientes se derivaron a Xunta de Galicia por incumprimento da ordenanza municipal.

Lembrámoslle ó Sr. Isaac que leva mirando para outro lado durante 10 anos, que consinte, tolera e permite todo tipo de vertidos industriais. Que xa vai sendo hora de erradicalos, por conciencia e porque ten as ferramentas na súa man para poder facelo.
¡¡Xa está ben de compadreo cas empresas!!, de palabras ocas e de representar ante os medios de comunicación unha actitude que é incapaz de cumprir.

No hay comentarios: