viernes, 27 de marzo de 2009

A remodelación dos Xardíns Valle Inclán ¿unha prioridade?


Hai uns días, concretamente o sábado 21, unha noticia publicada na Voz de Galicia facíanos saltar as alarmas ós socialistas pobrenses: Isaac o "Magnífico" anunciaba unha actuación de remodelación dos Xardíns Valle Inclán pola nada desdeñable cantidade de 129.650 EURIÑOS.....case nada ¿eh?. A publicación dicía que a maior parte desa cantidade vai ser aportada pola Deputación da Coruña. Mais cunha remodelación iso vai ser unha "RECONVERSIÓN URBANA".
Inmediatamente puxémonos en contacto coa Deputación, que xa sabemos que......é SOCIALISTA, para saber máis; así informáronnos que esta obra foi incluida polo ALCALDE E O PP nun plan especial, o denominado Plan de Cooperación cos Concellos. Con TODOS OS CONCELLOS. Resulta que neste Plan hai tres opcións ou apartados para a solicitude de axudas, a saber:
a- Ciclo da auga potable e saneamentos.
b- Reparación de viáis locais.
c- Obras de calidade ambiental do contorno (renovación e recuperación paisaxística e protección de espacios naturais rurais ou urbanos)
Vaia, vaia...o "Magnífico", sen encomendarse a Deus nin ó demo, decide incluir esta ¿¿NECESARIA?? obra no último dos apartados mencionados. En fin....VELAÍ AS PRIORIDADES DO NOSO MANDATARIO. Na Pobra non hai camiños para "reconverter", nin hai servicios básicos, nin saneamentos que acometer, nin camiños como os de A Pedreira ou Sende ou a praza de Manuel Escuris, que está feita unha maravilla ó revés. Ademais nos orzamentos municipais, figura unha partida para esta obra "magnífica" dos xardíns, xa que a DEPUTACIÓN SOCIALISTA vai financiar unha boa parte, concretamente ¡¡116.682,63 EURAZOS!! e os 12.967,37 restantes van a cargo dos recursos propios do Concello.

Neste plan tamén incluiron con outros tantos 129.650 euros a remodelación do muiño da Pontebarbanza. Sen dúbida é un patrimonio importante que hai que conservar, pero esto poderíase facer cun obradoiro, e eses cartos empregalos en tantos servicios que lles fan falta ás nosa parroquias e ao pobo. Xa lle advertiu onte no Pleno, Teresa García a nosa portavoz no Concello, que eso sí, que por favor lle pagaran ós donos do muiño, xa que tan só percibiron a día de hoxe 3.000 euros do custo total.

Esto das prioridades á hora de facer obras e actuacións, xa sabemos como vai para o PP. Moita flor e moito xardín, o que non está mal, pero logo hai que ver como teñen algunhas zonas. Si non que llo pregunten ós veciños e veciñas de Fraga Iribarne. Para mostra esta foto que foi tomada onte.



¿Non é unha mágoa de barrio? Pronto gracias ós FIL do Goberno de Zapatero ¡¡¡poderá ser unha realidade!!!

No hay comentarios: