
Nota de prensa do PSdeG-PSOE e do Secretario de Educación da CENG e portavoz parlamentario de Educación Guillermo Meijón.
A Xunta retira a gratuidade dos libros de texto con "nocturnidade e alevosía” Guillermo Meijón reclama a Feijóo que "volva ao carril correcto, o da esquerda, cunha sociedade adiantada en dereitos universais"
O parlamentario socialista lamentou o rexeitamento por parte do Grupo do PP dunha iniciativa na Comisión de Educación na que os socialistas reclamaban o mantemento da gratuidade dos libros de texto. Na súa intervención acusou ao responsable de Educación da Xunta de “non comparecer no Parlamento porque quería ter os centros vacíos cando anunciara a súa decisión de eliminar a gratuidade dos libros de texto” o que, dixo, “non é unha parálise, e unha volta atrás vergonzante”.
O parlamentario socialista instou a Feijóo a que “non minta cando dicía que o seu programa de austeridade non ía contra o gasto social, e resulta que a primeira decisión é eliminar a gratuidade dos libros de texto”. Preguntou polo tanto “si en sanidade tamén van anular o sistema e dar as receitas en función da renda” e lembrou que “o dereito á educación non é menor ao dereito á sanidade”.