jueves, 8 de noviembre de 2012
O DETERIORO DO CAMPO DA ALTA
jueves, 23 de agosto de 2012
jueves, 16 de agosto de 2012
CADRECHE: UN CAMPO DE FÚTBOL NOVO MOI DETERIORADO
viernes, 13 de enero de 2012
O CAMPO DA ALTA ABANDONADO
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Con data do 17 de setembro do ano 2007, o alcalde Isaac Maceiras, e o entonces presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, acompañados por unha ampla comitiva inauguraban o campo da Alta. As obras consistiron na renovación por completo do terreo de herba natural, se dotou o estadio dun novo sistema de rego e drenaxe, ademais da instalación dunha barandilla, o pintado de muros e campo, e reformas nos vestiarios.
Estas obras tiveron un custe de 260.000 euros pagados exclusivamente pola Deputación.
Pasaron catro anos e tres meses e o campo de fútbol xa non se pode usar. O Concello comunicou, a mediados de decembro de 2011, os clubs Puebla CF e Crocha Balompé CF que ata marzo de 2012, xa non se lle permitía xogar ó fútbol no campo da Alta. O día 11 de xaneiro de 2012, baixo a presión dos clubs, o Alcalde rectifica e déixaos xogar pero baixo a responsabilidade dos mesmos. Pese a todo, é unha auténtica lameira, aínda que non chova ó pisar a herba hai auga ou simplemente con pisala de maneira suave xa desprende cheiro.
Como vimos dicindo dende hai anos, o mantemento das instalacións municipais é deficiente, cortase a herba soamente unha vez ó mes, o rego continúa funcionando aínda que chova e ninguén o vixía, non se trincha o terreo de xogo, a barandilla perimetral está apuntalada para que non caia e o pintado do campo o teñen que facer os equipos.
Xa no ano 2010, os clubs advertiron do problema que tiña o campo aos responsables do goberno municipal encargando estes un presuposto para tratar de evitar o deterioro, que ascendía a 7.000 euros. As obras consistirían en limpar drenaxes, levantar a herba e incorporar area e turba. Como é costume deste equipo de goberno non se adoptaron medidas correctoras e continuou un ano máis o deterioro do campo.
Tal abandono está permitindo que os arredores, e mesmo o campo, sexan utilizados como almacén de sinais, vallas e de outros materiais do Concello, que non deberan estar no interior dun recinto deste tipo.
Mención a parte merecen as instalacións deportivas de Cadreche. Ditas instalacións adoecen dunha falta total de material e de condicións axeitadas para práctica deportiva.
É preciso dar solucións a unha serie de carencias que deben de corrixirse é que xa foron denunciadas polo Grupo Municipal Socialista, entre estas están:
• Falta de porterías móbiles, dotadas de rodas para evitar danar a herba artificial.
• Mellora da rede perimetral, para evitar a saída dos balóns, xa que cada equipo perde diariamente un número importante deles. Neste punto hai que destacar que xa houbo algún accidente cando os rapaces caeron polos desniveis ó ir buscar os balóns.
• Vestiarios pequenos e insuficientes.
• Iluminación insuficiente para a práctica deportiva.
• Falla de auga quente suficiente para o aseo dos xogadores.Temos noticias de que un acumulador avariouse en novembro e aínda está sen arranxar.
• A masificación das instalacións; xa que están adestrando en Cadreche uns 40 mozos o mesmo tempo, 20 en cada metade do campo.
• O campo de Cadreche carece de gradas e os banquillos adquiriunos de segunda man un equipo recentemente.
• Vestiarios insuficientes, chan deslizante, un calentador con pouca capacidade.
• O acceso ó campo é unha lameira, que se non se ten coidado terminará por danar o céspede artificial.
Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción dos seguintes
ACORDOS:
1º.- Que de maneira urxente se proceda a reparación dos danos que ten o céspede e os drenaxes do campo da Alta.
2º.- Que se dote das melloras necesarias, en canto a material deportivo e das instalacións, o campo de Cadreche.
3º.- Que se faga un mantemento continuo e adecuado para evitar o deterioro das instalacións deportivas do Concello.
viernes, 26 de agosto de 2011
MÁIS CHAPUZAS
Un novo campo de fútbol era unha necesidade urxente e moi reclamada polos equipos do pobo. Se optou por unha nova infraestrutura en Cadreche pero se deixaron no camiño cantidade de detalles que fan que esas instalacións deportivas non sexan modélicas e si un símbolo da chapuza e do traballo realizado a medias.
Dende hai tempo viñamos denunciando as condicións nas que os nosos rapaces máis novos practican o deporte na Pobra. Estas condicións foron noticias en varias ocasións, unhas denunciadas polo PSOE e outras polos propios clubs, e todos criamos que con estas novas instalacións isto corrixiríase pero non é así. As presas primaron por encima dos detalles, ou quizais sexa a falta de cartos para afrontar unhas poucas melloras que farían destas instalacións algo do que presumir.
Realizando unha inspección visual destas instalacións rapidamente pódense apreciar erros e deficiencias importantes que fan penosa a práctica deportiva nun campo receen estreado, como son a falta de redes que impidan que os balóns se vaian a estrada ou as leiras lindantes , a iluminación insuficiente para a práctica do fútbol, un número insuficiente de vestiarios, chans deslizantes, etc, ademais de que os arredores do campo se converterán nunha lameira en canto chova.
A altura da rede perimetral fai que os equipos teñan que dispor un número importante de recolle pelotas nos laterais do campo xa que a altura da rede é insuficiente, son máis altas as porterías que a rede que a circunda. Unicamente está preparada para impedir o acceso ao campo e que dubidamos que o consiga. Hai que destacar que nun dos laterais existe un gran desnivel e que no outro está a estrada. Tampouco a rede quedou nivelada co chan porque as pelotas tamén se escapan por debaixo dela. (por terra ou por aire, hai un problema cas pelotas)
Con respecto á iluminación todos os usuarios que se queixaron, comentáronnos o insuficiente da mesma, e que nestas condicións dubidan de que se autoricen partidos en horas de pouca luz, pensamos que non é pola intensidade, xa que as torres se divisan desde innumerables lugares do pobo, senón que posiblemente sexa un problema de orientación dos focos, (entre outras cuestións técnicas).
Os vestiarios son insuficientes agora mesmo, cando coinciden os xogadores do Crocha e do Puebla, hai momentos nos que coinciden máis de 40 rapaces ao mesmo tempo, teñen que acceder aos vestiarios por quendas. Esta insuficiencia fai imposible a realización de campionatos fútbol ou fútbol 7 onde haxan máis de dous equipos.
E o dos arredores do campo está á vista de todos xa que unicamente se repartiu unha leve capa de pedriña para facer algo de firme no chan e que desaparecerá, seguro, coas primeiras choivas.
En definitiva, un traballo a medias e que só sabe Deus cando liquidarán estas deficiencias .
lunes, 4 de abril de 2011
O ABANDONO DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS
Unha vila para o deporte é o título dun panfleto que o goberno da Pobra enviou a tódalas vivendas do pobo. Este libelo que consta de 16 páxinas, con numerosas fotografías e de calidade excelente, financiado cos cartos de todos os Pobrenses, (para que non teñamos dúbidas ó respecto ten o escudo do Concello na súa portada). Mostra futuras instalacións e pretende que os veciños crean que este goberno estivo implicado co deporte e cos deportistas o longo da lexislatura.
Nese panfleto que pagamos todos, e carísimo, nos agochan o abandono de numerosas instalacións deportivas. Hoxe estivemos no Camiño Ancho para demostrar que ¡fácil é falsear a realidade tendo cartos! A petición dos veciños, acudimos a unha pista deportiva que ten dúas porterías sen anclaxes e unhas canastras sen aros que ademais serve de almacén de pedras.
Parece que ao Sr. Alcalde non lle importan os rapaces que queiran practicar deporte nesta pista. Nas noticias vemos con máis frecuencia que a que quixeramos accidentes por caídas de porterías enriba de nenos con resultados de mortes. Os rapaces que queiran practicar deporte no Camiño Ancho non interesan ao PP deste concello, a súa seguridade é insignificante para os actuais responsables do deporte.
Esta pista deportiva o aire libre, así como a de Lamas e Andrés, deberían poder ser utilizadas para o deporte recreativo e útiles para o máximo número de especialidades compatibles e alcanzar unha rentabilidade maioritaria.
O abandono é visible e recuperar espazos en desuso e infrautilizados para a práctica deportiva non é a prioridade do Sr. Maceiras.
Aproveitar para felicitar ós numerosos deportistas do pobo que alcanzan éxitos nos distintos campionatos aos que acoden. Eses éxitos persoais son debidos ao seu esforzo e dedicación e o sacrificio propio e das súas familias e non a axuda recibida polo Alcalde da Pobra, tal e como quere aparentar nos libelos propagandísticos que está repartindo na precampaña electoral.
viernes, 26 de marzo de 2010
FÚTBOL VERSUS POLÍTICA ...(OU Ó REVÉS)
¿Por que se demora a construción do campo de fútbol de Cadreche?
Outubro 2007. Os socialistas da Pobra xa falamos entón da necesidade doutro campo de fútbol alternativo ao do Xobre, que se atopa en condicións calamitosas, que servira aos clubs para adestramento.
Dous anos e medio máis tarde o goberno local do Sr. Isaac decide, coa aquiescencia do BNG, construír en Cadreche, no alto do monte, dito campo de adestramento.
Marzo 6 de 2009. Aínda queda unha parcela sen mercar en Cadreche co cal só se está a demorar a súa construción.
Financiamento da obra: A Deputación da Coruña, presidida polo socialista Salvador Fernández Moreda, aporta 130 mil €,. O Concello ten que poñer 60 mil (ben de recursos propios, ben doutras administracións) Como recursos propios non hai, o Sr. Isaac llos pide á Xunta. Pero primeiro hai que mercar os terreos.
Aínda despois de mercalos haberá que licitar a obra e adxudicala. Máis demora aínda.
Pero co tempo as cousas vanse poñendo no seu sitio:
Pregunta: ¿Poderíamos ou non estar na fase de construción dun campo de adestramento si se tivera unha pouca máis de cabeza e sentidiño común?
Resposta: SÍ PODERÍAMOS si a alternativa houbera sido xusto ó lado do campo da Alta como nós propoñiamos:
1. Non facía falla mercar terreos (son públicos)
2. A solución era máis inmediata.
3. A obra tería o visto bo de costas xa que a lei de 28 de xullo no artigo 25.2 di “ Con carácter ordinario soamente se permitirán nesta zona as obras, instalacións e actividades que, pola súa natureza, non podan ter outra ubicación ou presten servizos necesarios ou convenientes para o uso do dominio público marítimo - terrestre, así como as instalacións deportivas descubertas”
4. Nas proximidades do estadio existe un merendoiro cheo de silvas con bancos e mesas rotas, absolutamente abandonado polo goberno municipal. Máis aínda, existe un vertedoiro para sermos exactos.
5. A nosa proposta era a máis viable, rápida e eficaz
Este espacio, con terreo público dabondo, era o idóneo para se converter en campo de adestramento.
Os clubs precisan con URXENCIA UN CAMPO DE ENTRENO e as xestións do Executivo local xa tardan demasiado. Pasaron ¡¡¡3 anos!!! e seguimos sen saber “para cando”.
A responsabilidade desta irresponsable forma de actuar é do Sr. Isaac e dos que, por asegurarse un puñado de votos dos directivos e membros dos clubs, decidiron desoír a nosa proposta que, sen dúbida, era máis áxil e económica.
Saber racionalizar os recursos existentes é unha das cousas que debe saber facer calquera goberno municipal.
En política as veces hai que sacrificar uns poucos votos en aras da eficiencia.
¡¡¡E QUE GAÑE O PUEBLA F.C.!!!
sábado, 28 de noviembre de 2009
VAMOS SEN RUMBO
A falta de ideas, a perdida da noción de coñecer as necesidades do pobo, a nula frescura de opinións do goberno do Sr. Isaac, lévanos a que un solar no centro urbano da Pobra non se aproveite para ofrecer aos veciños servicios dos que carecemos ou mellorar outros.
Nos anuncian a construcción dunha pista deportiva multiusos na parcela que está enfronte da casa de cultura Raquel Fernández Soler, e que foi cedida por esta. O patrimonio pertencente a Raquel Soler estibo en litixio ata hai pouco tempo, cuestión pola cal este solar estaba en situación de abandono.
O equipo de goberno nese anuncio de construcción de nova pista, podía facer referencia a que a escasos metros deste futuro espacio deportivo, está a pista deportiva de Lamas y Andrés abandonada, as pistas do recheo do Castelo deterioradas, o polideportivo de Venecia e as pistas de tenis onde está o Eroski. Todos estes recintos deportivos están situadas no centro do pobo, a escasos metros uns dos outros.
O Sr. Isaac, soamente se preocupa de facer obras novas para despois deixalas destruír sen facer un mínimo mantemento en ningunha delas. Seguramente pensa que facendo inauguracións xa ofrece credibilidade e xestión a xente do pobo. Os veciños teñen fillos e netos e ven a situación na que teñen as instalacións deportivas, e non digamos as persoas que viven en Lamas y Andrés, que non teñen parque infantil e os nenos corren un grave risco na pista deportiva que teñen no barrio. Debe pensar o PP da Pobra que con esta nova construcción xa lle compensan o deterioro e as falsas promesas.
Os socialistas da Pobra pensamos que ese solar, pola súa situación e dimensións, era excelente para construír un edificio de servicios múltiples, podíase ubicar nel unha gardería, o centro de día, facer unha biblioteca nova, aulas de formación, un centro cultural ou de asociación para mozos, un aparcamento (imprescindible si ofreces tantos servicios).
A estructura do solar é en varios niveles, ten acceso a través de tres rúas, as entradas para os distintos centros podían incluso estar individualizadas e independentes polo exterior.
Desta maneira estaríamos facendo unha agrupación de servicios para intentar reducir custes de persoal e mantemento. Con elo se evitaría o abandono posterior dos inmobles e permanecerían estes servicios no tempo en condicións de uso aceptables.
Este pobo non ten chan onde construír novos edificios públicos, elaboraron un PXOM e foron incapaces de facer reserva de chan para uso dotacional, tiveron a gran idea de clasificalo como zona verde. ¡Como non temos xardíns e sobranos terreo público para infraestructuras!!! ¡ Que grans cabezas pensantes, uns linces!!!
Hai pouco tempo nos daban a alternativa de construír a gardería no polígono industrial da Tomada. Un polígono industrial das características da Tomada é un lugar insalubre, inseguro e nocivo, para a educación e estancia dos menores.
Polo tanto, consideramos que se desperdicia un solar céntrico ubicando nel unha construcción deportiva, tendo en conta que no mesmo barrio hai outra; e tres máis a poucos metros, podendo dedicar este solar tan valioso a servicios básicos dos que carecemos facendo unha modificación do pxom, da mesma maneira que o están facendo ca ampliación da Tomada.
Nestes intres o goberno liderado polo Sr. Isaac carece de miras de futuro, non teñen proxecto de pobo, nin saben a onde queren levarnos aos pobreses, gobernan a salto de mata, sen rumbo.
Conste que os socialistas non nos opoñemos a ningún novo investimento, se reverte en mellorar a calidade de vida dos que vivimos no pobo, sempre e cando non houbera que racionalizar o chan de uso público por ser un ben escaso e por deducción, mal xestionado.