viernes, 13 de enero de 2012

O CAMPO DA ALTA ABANDONADO


Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción solicitando o arranxo do campo da Alta.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Con data do 17 de setembro do ano 2007, o alcalde Isaac Maceiras, e o entonces presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, acompañados por unha ampla comitiva inauguraban o campo da Alta. As obras consistiron na renovación por completo do terreo de herba natural, se dotou o estadio dun novo sistema de rego e drenaxe, ademais da instalación dunha barandilla, o pintado de muros e campo, e reformas nos vestiarios.
Estas obras tiveron un custe de 260.000 euros pagados exclusivamente pola Deputación.
Pasaron catro anos e tres meses e o campo de fútbol xa non se pode usar. O Concello comunicou, a mediados de decembro de 2011, os clubs Puebla CF e Crocha Balompé CF que ata marzo de 2012, xa non se lle permitía xogar ó fútbol no campo da Alta. O día 11 de xaneiro de 2012, baixo a presión dos clubs, o Alcalde rectifica e déixaos xogar pero baixo a responsabilidade dos mesmos. Pese a todo, é unha auténtica lameira, aínda que non chova ó pisar a herba hai auga ou simplemente con pisala de maneira suave xa desprende cheiro.
Como vimos dicindo dende hai anos, o mantemento das instalacións municipais é deficiente, cortase a herba soamente unha vez ó mes, o rego continúa funcionando aínda que chova e ninguén o vixía, non se trincha o terreo de xogo, a barandilla perimetral está apuntalada para que non caia e o pintado do campo o teñen que facer os equipos.
Xa no ano 2010, os clubs advertiron do problema que tiña o campo aos responsables do goberno municipal encargando estes un presuposto para tratar de evitar o deterioro, que ascendía a 7.000 euros. As obras consistirían en limpar drenaxes, levantar a herba e incorporar area e turba. Como é costume deste equipo de goberno non se adoptaron medidas correctoras e continuou un ano máis o deterioro do campo.
Tal abandono está permitindo que os arredores, e mesmo o campo, sexan utilizados como almacén de sinais, vallas e de outros materiais do Concello, que non deberan estar no interior dun recinto deste tipo.
Mención a parte merecen as instalacións deportivas de Cadreche. Ditas instalacións adoecen dunha falta total de material e de condicións axeitadas para práctica deportiva.
É preciso dar solucións a unha serie de carencias que deben de corrixirse é que xa foron denunciadas polo Grupo Municipal Socialista, entre estas están:
• Falta de porterías móbiles, dotadas de rodas para evitar danar a herba artificial.
• Mellora da rede perimetral, para evitar a saída dos balóns, xa que cada equipo perde diariamente un número importante deles. Neste punto hai que destacar que xa houbo algún accidente cando os rapaces caeron polos desniveis ó ir buscar os balóns.
• Vestiarios pequenos e insuficientes.
• Iluminación insuficiente para a práctica deportiva.
• Falla de auga quente suficiente para o aseo dos xogadores.Temos noticias de que un acumulador avariouse en novembro e aínda está sen arranxar.
• A masificación das instalacións; xa que están adestrando en Cadreche uns 40 mozos o mesmo tempo, 20 en cada metade do campo.
• O campo de Cadreche carece de gradas e os banquillos adquiriunos de segunda man un equipo recentemente.
• Vestiarios insuficientes, chan deslizante, un calentador con pouca capacidade.
• O acceso ó campo é unha lameira, que se non se ten coidado terminará por danar o céspede artificial.

Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción dos seguintes

ACORDOS:

1º.- Que de maneira urxente se proceda a reparación dos danos que ten o céspede e os drenaxes do campo da Alta.
2º.- Que se dote das melloras necesarias, en canto a material deportivo e das instalacións, o campo de Cadreche.
3º.- Que se faga un mantemento continuo e adecuado para evitar o deterioro das instalacións deportivas do Concello.

No hay comentarios: