sábado, 6 de junio de 2009

Promesas que NON valen nada.

Estamos no mes de xuño, e seguimos sen campo de adestramento, chega o verán e como é normal nun club deportivo as actividades estivais están aí:
terceiro campus de fútbol base na Pobra do Caramiñal coordinado polo Puebla FC, imaxínome que o atletismo tamén terá as súas actividades para o verán, e así case tódolos clubs da vila .

A principios de ano cando a lama chegaba case polos xeonllos dos nosos nenos, cada vez que tiñan que xogar un partido de fútbol no campo Ramón Franco, cando os pais dos rapaces tiveron que protestar pola ineficacia do Concello e a ineptitude do concelleiro de deportes, pola deixadez do mantemento en xeral, o noso alcalde saíu á palestra e dixo que en 4 meses tería feito o campo de adestramento de Cadreche.
Pois van seis meses e aquí non se move nada.

-O campo da Alta segue sendo o mesmo que os Socialistas convertemos nun estadio, pero seme abandonado pola Concellería de obras e mantemento e a deixadez do Concello

-O campo de Cadreche segue sendo o mesmo que deixamos feito os socialistas pero abandonado totalmente.

A conclusión e a seguinte: cando o PP ten un problema como se lle plantexou este inverno cos pais dos rapaces, sae Isaac Maceiras esgrimindo a xa coñecida coletilla que non ten ningún problema en expresar “sí, sí” e aquí todo o mundo se traga o que promete. (logo nós, os Socialistas tratamos de buscar solucións ós moitos problemas que non resolve este goberno de ineptitude que temos).
Porque si botamos unha ollada atrás e outra adiante, veremos quen fai algo pola Pobra do Caramiñal.

-Proposta da ampliación do Estadio da Alta en campo de adestramento e grada norte que acollería un albergue para deportistas.
( Podía parecer un sen sentido pero xa temos aquí o terceiro campus de fútbol base) e necesaria esta ampliación??? Esto propono o PSOE da Pobra.

-Proposta de pavillón de cultura urbana “espacios vivos” no pavillón da Tomada. O estado actual, despois da nosa visita e a dos medios de comunicación, por unha denuncia dos pais, conseguimos que se limpara o almacén. Preguntaron quen nos dou permiso para entrar alí, a pesares de que é un espacio público e tiña a porta aberta.
Coas goteiras non sabemos que vai a pasar, porque como ven o verán non molestan tanto e como non o denunciemos os Socialistas aquí somos de memoria fráxil.
.
Eso si, cabe destacar a algún que berra e di que “por salir allí en la Tomada con los medios vamos a tener problemas por vuestra culpa “, xa que na Tomada ensaia un grupo musical pero quero recordarlle que os problemas non os xeramos nós e lembrarlle que, con respecto ós outros grupos da Pobra son uns privilexiados e deben ser os que menos se teñen que queixar xa que gozan dun trato de favor. Que por outra banda é xusto????

-Chega o PSOE da Deputación Provincial e arranxamos o cine Elma, xa que o edificio comprouno a Deputación.

-Os problemas na Riveiriña tivo que ser Costas do Estado quen os arranxara , recordemos que goberna o PSOE, xa que o PP da Pobra non topaba solución.

-As obras do plan “E”, obras moi importantes para o noso pobo, cunhas inversións en tempo de crise que son iniciativa do Goberno Zapatero, si “ZP” ese Presidente do Goberno Socialista.

E podiamos seguir con mais pero parécenos suficientes estes exemplos para dicir que :
Detrás de cada obra importante neste Concello está o PSOE .que é o que se preocupa pola xente traballadora e pola que menos ten. Que esto non é que Maceiras xestione ben, senón que o PSOE esta atento e aporta solucións.

Para finalizar, subliñar que os membros da Agrupación local do PSOE da Pobra, seguiremos denunciando e aportando solucións ós problemas dos veciños da Pobra do Caramiñal.

martes, 2 de junio de 2009

A GRAN CHAPUZA DO PP DE MACEIRAS

OS SOCIALISTAS DA POBRA APOIAMOS CON FIRMEZA A CREACIÓN DUNHA ESCOLA DE MÚSICA, QUE SE ATEÑA A LEGALIDADE

O día 12 de maio o Sr. Isaac, acompañado da concelleira de cultura, deron a coñecer a través dos medios de comunicación, a posta en marcha dunha escola de música na Pobra, que está impartindo clases desde marzo, (soamente se lle ofrecía linguaxe musical), e que agora no mes de xuño empezaría a formación integral dos alumnos podendo tocar tamén un instrumento, contando esta escola con 7 docentes que según palabras textuais, “se encargarán de que cada alumno descubra que instrumento le llena más o responde mejor a sus cualidades”.

Tamén din, que a escola nace con un obxectivo claro, ser a canteira da que se nutra a futura banda que pretende formarse no noso municipio, pretendendo dar un concerto xa no mes de decembro.

Continúan dicindo que querían que a escola contara con equipos propios, sensibilizándose cas familias con menos recursos, xa que claro, eles sempre tan solidarios, entenden que hai moitas familias ás que lles resultaría difícil asumir o custo dun instrumento musical e se gastan 30.000 euros (5.000.000 das antigas pesetas) na compra de 16 instrumentos.

Por non ser informados de nada, nin darlle publicidade adecuadamente, decidimos solicitar información de primeira man para saber como funcionaba esta escola, polo cal nos presentamos na casa de Raquel Soler, e topámonos co seguinte cadro:
Atendeunos o conserxe, e foi a esta persoa a que lle preguntamos que oficina do concello xestionaba esta escola, a súa resposta foi que a xestionaba directamente o director da mesma, Manuel Angel Sobral, e emprazounos a volver pola tarde para falar con este señor.

Volvemos pola tarde, e Manuel Angel Sobral, con moitas presas, xa que tiña que dar clase, díxonos que os prezos “solidarios” da escola de música eran:

1) linguaxe musical ( solfeo) 20 euros mensuais
2) aprender a tocar un instrumento 30 euros

Un total mensual de 50 euros por neno/a, e un total anual de 600 euros por familia, todo esto sen ter convalidación de acceso ó conservatorio, nin unhas instalacións adecuadas para poder levar a cabo estas clases de música. ( na escola de música de Boiro son 220 euros anuais e inclúe solfeo e tódolos instrumentos que queiran aprender a tocar) ¡estes son os prezos solidarios do PP en tempo de crise!, prezos clasistas e elitistas, ós que seguramente non todo o mundo pode chegar.

Quixeramos dispoñer da información suficiente para saber si as clases as imparten funcionarios ós que lle afecte a lei 53/1984, de 26 de decembro, de Incompatibilidades do Persoal ó Servicio das Administracións Públicas, xa que si lle afectara estariamos a falar dunha ilegalidade, e dun problema, cando menos grave.

Esta escola xuridicamente, ¿como está formada? ¿Está formada por funcionarios locais, se contrata persoal laboral, funciona como cooperativa, como asociación, ..., ¿van a contratar autónomos?, ¿Canto vai cobrar o persoal que imparte as clases ou van a impartilas gratuitamente? , porque estes prezos triplican os da escola de música de Boiro e esta ofrece a posibilidade aos nenos de cursar os 4 anos correspondentes ó Grado Elemental, que neste caso é homologado por un conservatorio profesional.

A concelleira de cultura nos dixo que xa hai 62 alumnos matriculados, a razón de 50 euros cada un, fan un total de 3.100 euros nun mes. ¿A onde van eses cartos? ¿Están contabilizados pola intervención do concello?

Aos Socialistas da Pobra, parécenos unha magnífica idea o poder ofertar o máximo número de actividades, sexan culturais ou deportivas. A creación dunha escola de música no noso Concello ben estructurada e homologada é perfecto, pero hai que explicarlle ós pais, que teñen que pagar 50 euros mensuais, e os seus fillos teñen que duplicar o esforzo académico para posteriormente poder optar as ensinanzas regradas dun conservatorio profesional.

Si soamente se está ofertando a iniciación a música para nenos menores de 8 anos, hai unhas unidades didácticas de animación á música a través do xogo que nos parecen mais adecuadas e menos aburridas para os nosos nenos/as. Establecemos a idade de 8 anos porque a esa idade xa poden comezar os seus estudios nun conservatorio e poden levar paralelamente os estudios musicais cos da ensinanza secundaria obrigatoria e bacharelato. Dez anos de estudios ininterrompidos de conservatorio habilítaos para ser profesores de primaria ou profesores dun conservatorio de Grado Medio.

Da nosa presencia e inspección ocular na visita feita á casa da cultura Raquel Soler constatamos que hai os seguintes instrumentos:
1 piano de parede, 1 teclado, 1 guitarra con amplificador, 3 timbais, 1 metalófono, 1 saxo grave, 2 saxos agudos, 1 trompa, 2 clarinetes, 3 trompetas, 2 frautas traveseiras, 1 batería, 2 pandeiretas, 1 caixa.

Con estes instrumentos preténdese encamiñar aos nenos e nenas para que en tempo récord aprendan música e formen unha banda nos próximos meses.
Aprender a dominar un instrumento musical e un traballo de anos e o Sr. Isaac xa quere facer un concerto en decembro. ¡¡¡A imaxinación deste home non ten límites!!!

A maioría destes instrumentos non son os adecuados para a formación dunha banda. ¿A quen se lle ocorre comprar 3 timbais? Nunha orquestra sinfónica de máis de 50 persoas soamente toca unha o timbal, que complementa con outros instrumentos de percusión, metalófonos, triángulos, pratos, etc..

Unha banda componse de frautas, clarinetes, óboes, bombos, triángulo, unha lira pequena (que unicamente a levan bandas grandes ou militares).
O metalófono está ben, pero é un gasto innecesario xa que se lle saca pouco rendemento, como exemplo serve dicir que nos conservatorios profesionais hai soamente 1, posto que a penas se utiliza, e por suposto é innecesario para unha banda.

Os instrumentos de vento metal, (trompeta, trompa, trombón), son complicados de aprender porque son de oído. Con 3 teclas fan tódalas escalas. Os profesores deben ter unha alta cualificación profesional.

Botamos de menos o segundo instrumento máis tocado en España nos conservatorios profesionais, despois do piano, que é o violín, e non o atopamos. (A guitarra a nivel afeccionado, pode ser o instrumento máis tocado pero tocase moi pouco nos conservatorios).

Carecemos de violonchelo, viola e contrabaixo, podéndose formar soamente con 4 nenos unha orquestra de cámara. Xa sabemos que estes instrumentos non son os adecuados para formar unha banda, pero os timbais, as baterías, a guitarra con amplificador, o saxofón, o piano e máis o metalófono tampouco.

A maneira en que está creada esta escola, parécenos a “gran chapuza do PP” e temos serias dúbidas sobre a legalidade na contratación do persoal. O Concello debe ter unha conducta irreprochable e exemplar para cos cidadáns. Debe planificar, organizar con criterios técnicos e profesionais e estructurar debidamente tódalas actividades que oferta, non se poden dar paos de cego sen saber o que se quere ni a onde nos levan.

Outro punto importante son os profesionais que viven da música na Pobra, que pagan un aluguer dun local, a súa seguridade social, os seus impostos. Con esta actitude pensamos que é facerlle a todos estes profesionais unha competencia desleal que non se merecen, xa que pagando os seus impostos están axudando a que este concello medre, e con estes chiringuitos que monta o equipo de goberno do PP, o mais seguro e que desaparezan e deixen de tributar na Pobra.

Apoiamos con firmeza a creación dunha escola de música na Pobra, sen irregularidades, con xestión transparente, e que ademais teña en conta aos profesionais locais, xa que os coñecemos todos, e a súa traxectoria profesional , son a mellor carta de presentación.

lunes, 1 de junio de 2009

XOVES 4 XUÑO- MITIN NA POBRA


EUROPEAS 2009

ESTE PARTIDO XÓGASE EN EUROPA


MITIN NA POBRA

XOVES 4 XUÑO ÁS 20 HORAS

AUDITORIO DO ISM

FALARÁN


TERESA GARCÍA GUILLÁN

(Sª Xeral do PSdeG da Pobra e Voceira)


JOSÉ MANUEL LAGE TUÑAS

(Deputado Autonómico)


MAR BARCÓN SÁNCHEZ

(Deputada Autonómoica e Sª de Acción Electoral e Política Municipal do PSdeG)