martes, 20 de julio de 2010

SUSPENSO Á SANIDADE DO PPdeG.

A secretaria de Sanidade da agrupación provincial do PSdeG-PSOE, Natividad González Laso, á vista dos datos do 2ª trimestre do ano 2010, denunciou hoxe que o hospital do Barbanza “ocupa o cuarto posto no inaceptable ránking de peores indicadores dos hospitais galegos”.

González Laso afirmou que, co goberno do Partido Popular, a espera media de Galicia, para unha intervención cirúrxica, empeorou en 4 puntos pasando de 67 a 71 días.

Tamén creceu, en 2.000, o número de pacientes en espera cirúrxica, incrementándose en 8 dos 14 hospitais públicos, e dicir en máis da metade, e xa chegan a 36.180 persoas pendentes dunha intervención.

Respecto das consultas, empeoraron 27 dos 34 servizos, é dicir o 80% e se incrementou en 10.183 o numero de pacientes que esperan por unha consulta,respecto aa xuño de 2009, e chegan xa a 203.753 pacientes.

Por outra parte un terzo dos hospitais públicos empeoraron os seus resultados( 4 dos 14 hospitais) sendo o H. do Barbanza o que ocupa o 4º posto no triste ranking de indicadores.

Segundo a responsable de sanidade da executiva provincial dos socialistas, o número de pacientes que esperan por unha intervención cirúrxica no Hospital do Barbanza, incrementouse un 6% respecto a xuño do ano 2009.

Destacan os datos do servizo de Oftalmoloxía que incrementou a espera nun 56% respecto do ano 2009, ou a cirurxía dixestiva cun incremento da espera do 16%.

Os socialistas criticaron a inequidade no acceso aos servizos para as persoas que teñan este Hospital de referencia, xa que espera con respecto a 2009, medrou en 5 dos 7 servizos ofertados, e mesmo se ten duplicado o tramo de espera entre 3 e 6 meses.

Respecto das consultas,máis xente espera máis tempo así o H. do Barbanza esta 11 puntos por riba da media galega os pacientes teñen que esperar 72 días fronte aos 61 da media galega.

Empeoraron 7 servizos, nomeadamente nefroloxía que incrementou a espera nun 170%, cardioloxía, 135%, traumatoloxía nun 120%, otorrinolaringoloxía nun 92% cirurxía dixestiva nun 80% sorprende a maquillaxe de xinecoloxía respecto ao de fai 3 meses.

Todos estes datos apuntan, segundo os socialistas coruñeses, “a un vertixinoso deterioro da calidade asistencial na sanidade pública galega, nun só ano, debido ao abandono e incapacidade do goberno da Xunta”, que está a propiciar “un panorama desalentador e inaceptable”

“Hoxe en Galicia hai máis xente( 2.000 pacientes máis) esperando durante máis tempo para ser intervida cirúrxicamente, ou para dispor de diagnóstico e tratamento para a súa enfermidade ( 20.000 pacientes máis)”, afirmou González Laso que considerou que, en materia sanitaria, o balance do primeiro ano de goberno de Núñez Feijoo “é nefasto, pois está a producir un profundo deterioro do sistema público de saúde.

domingo, 18 de julio de 2010

A SAÚDE DAS MULLERES DO BARBANZA EN RISCO

Coa saúde non se xoga, non é saúdable nin para as persoas nin para os políticos.

A sanidade pública é a encargada da protección da saúde de toda a poboación. Debe buscar mellorar as condicións da saúde mediante as campañas de concienciación, a promoción de estilos de vida saudables, a educación e a investigación.

O desenrolo da sanidade pública depende dos gobernos, que elaboran os distintos programas de saúde para cumprir cos mencionados obxectivos.

A Conselleria de Sanidade debe avaliar as condicións de saúde da poboación, investigar a aparición de riscos para a saúde e analizar os determinantes de ditos riscos. De acordo co detectado, deben establecer as prioridades e desenrolar os programas e plans que permitan responder as necesidades.

A Consellería de Sanidade do PP nos daba en maio unha noticia na que o Sergas habilitaba no ambulatorio de Ribeira unha consulta de Xinecoloxía. Según nos relataban a finalidade era xestionar a lista de espera en Xinecoloxía polo que designaron unha matrona para que realice a toma de mostras de citoloxía do cuello do útero.

O día 16 de xullo, en tódolos medios de comunicación, o actual equipo directivo do Hospital da Barbanza nos di que una das grandes melloras que se rexistraron por especialidades foi a de xinecoloxía, onde se reduciu drasticamente as listas de espera.

Desde o Grupo Municipal Socialista esperamos que a redución drástica das listas de espera en xinecoloxía non teñan consecuencias dramáticas para algunhas mulleres, por non diagnosticar de forma precoz patoloxías graves que poñan en risco a vida das mesmas, (referímonos a neoplasias de ovarios, corpo de útero e trompas).

A matrona é unha enfermeira especializada a través da realización dunha residencia clínica, sempre sole traballar acompañada por outros profesionais da medicina, (xinecólogo e obstetra) e en ningún caso pode substituílos.

Queremos recordar que unha matrona non ten a formación suficiente para suplir a consulta en saúde dun médico especialista en Xinecoloxía, nin dispón dos medios complementarios adecuados para unha exploración xinecolóxica.

Unha exploración xinecolóxica se compón ademais da citada citoloxía, da exploración de mamas e axilas, da exploración da vaxina, do corpo do útero, das trompas e dos ovarios co fin de diagnosticar as patoloxías inflamatorias, infecciosas e tumorais que poidan aparecer.

Como recomenda a SEGO (Sociedad Española de Ginecología y Obstetricia), as mulleres deben facer un exame xinecolóxico completo anualmente, polo tanto poñer unha matrona a disposición das mulleres do Barbanza non é máis que unha mínima e incompleta revisión que non suple a do Xinecólogo. Únicamente sirve aos responsables da sanidade pública do PP para pulir e maquillar o número de persoas en lista de espera.

Por elo pedímos que o Concello da Pobra do Caramiñal inste a Consellería de Sanidade a dotar ao Hospital do Barbanza co persoal especializado en Xinecoloxía e Obstetricia necesario, para prestar unha adecuada prestación asistencial e preventiva a poboación de referencia do mesmo