viernes, 31 de julio de 2009
jueves, 30 de julio de 2009
miércoles, 29 de julio de 2009
martes, 28 de julio de 2009
A DIMISIÓN
A dimisión ou cese forzado do arrogante e innombrable que ven manexando a tesourería no PP é a mais desexada dos últimos anos. O PATRIMONIO inmobiliario do tesoureiro (en 2007 declaró 2,5 millones de euros) o seu SOLDO (225.000 euros anuales como gerente) e un tren de vida FABULOSO son un auténtico ESCÁNDALO POLÍTICO. E Rajoy mentres tanto mirando para outro lado.... ¿Mirando para a lúa de Valencia?
domingo, 26 de julio de 2009
DA INXURIA E DO PP
NOTA DE PRENSA
OS SOCIALISTAS DA POBRA REXEITAN A MALEDICENCIA COMO INSTRUMENTO POLÍTICO.
Ante as acusacións vertidas polo PPdeG contra unha militante da nosa agrupación pola súa implicación na defensa da gratuidade dos libros de texto, os socialistas da Pobra queremos deixar claro o seguinte:
· A utilización da mentira como ferramenta para defender o indefendible é propia do PPdeG, e por extensión, propia do PPdeG da Pobra e do Sr Isaac Maceiras, que a utilizaron durante anos para denostar e desprestixiar ós nosos compañeiros concelleiros e mesmo a un Alcalde socialista.
· Non nos sorprende nada que así actúen, xa que o están a facer a diario cos nosos compañeiros concellais. É a única forma que coñecen ben de facer política: enchéndoa de lixo e utilizando a MALEDICENCIA.
· A militante aludida polo PPdeG, na súa nota,, NON É CONCELLEIRA NIN OSTENTA NESTES INTRES CARGO ÓRGANICO ALGÚN, polo que é unha FALSEDADE MAIS do PPdeG..
· Aludir as rendas persoais, gañadas co traballo propio, É UNHA INDECENCIA E DEMOSTRA A BAIXA CATADURA MORAL DO PPdeG E DO PP DA POBRA que coñece perfectamente aos veciños e veciñas deste pobo e saben perfectamente de que viven.
· O PSdeG da Pobra defende a gratuidade dos libros de texto que puxo en marcha o Goberno de Touriño, e estará nesa defensa permanentemente e en todo momento por riba de cuestións de carácter persoal como o salario de cada quen ou o partido no que militen