viernes, 31 de julio de 2009

UN BOZAL PARA O PITBULL DE MACEIRAS


Esta é a verdadeira faciana do portavoz do PP no concello da Pobra. Este é o pitbull do Sr. Isaac. Alguén debería de poñerlle un bozal.

Onte á noite asistimos a unha demostración da miseria humana e máis en concreto da miseria do PP no concello da Pobra. Durante a sesión do Pleno Municipal o voceiro popular cuspiu e vomitou de maneira obscena e miserable todo o veleno que lle inxectaron na escola de adestramento da FAES. Tildou á Teresa García de mentireira, ignorante e manipuladora, si ben foi a total ausencia das boas maneiras, as que lle outorgan o calificativo de PERFECTO MALEDUCADO.
É difícil facer un relato do acontecido, é imposible de transcribir o terrible sentimento de impotencia que produce a violencia que desprende o persoaxe. Un enmudece, queda aterrado, inmóvil; diríase que o vas ver saltar sobre ela e non poderás facer nada por defendela ou salvala de semellante agresión. O individuo desprende ODIO, está fora de si, enfurecido, ladra, non fala, só ladra verbas tóxicas e ponzoñentas, cuspe resentemento e rancor. Rancor acumulado ó través do tempo; lanza os seus dardos cargados con maldade tratando de facer o maior dano posible.
Estamos tan estupefactos, tan atónitos, que hoxe só podemos pedir que alguén lle poña un bozal.
Este tipo que presume de "solidario" cando defende o sistema de bolsas "popular" para os libros de texto e que non sabe nada de solidariedade é un INTOLERANTE . Este tipo e os que o jalean e aplauden só merecen o noso desprezo. Esa prepotencia e chulería coa que o pitbull do Sr. Isaac ATACOU hoxe a nosa representante constitúe un INSULTO á todos os demócratas.

Por sorte Teresa García Guillán desborda dignidade e intelixencia e as actitudes fascistas e intolerantes espertan nela, e en todos nós, unha fortaleza que nos vai facer máis grandes. Imos ser ¡¡ENORMES!! gracias ó pitbull do Sr. Isaac.

1 comentario:

O Rabizas dijo...

un bozal non, millor que o deixen bufar e ladrar burradas. Asi a xente hase de dar conta do animais que son.
Animo a concellala . Teresiña dalles duro como cando saes na salnés que eso e o que lles mata.