Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción solicitando que a rede de saneamento na Ribeiriña chegue a tódolos veciños.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A dispoñibilidade de saneamento e depuración das augas residuais é unha necesidade no Estado do benestar, que debe estenderse a todos os cidadáns e territorios. Parece que se está cumprindo co obxectivo de dotar de saneamento a unha zona con importante densidade de poboación como é a Ribeiriña e o Conchido.
No Pleno do 27 de maio de 2010 esta concelleira presentou unha moción na que solicitaba que as vivendas situadas no marxe dereito da estrada AC-305 en dirección Pobra-Boiro, e que non lindan co Camiño Real, puideran enlazar ca rede xeral do saneamento. A resposta do voceiro do PP naquel entón foi que non habería discriminación e que esas vivendas se conectarían por gravidade ó Camiño Real e que tódolos veciños se beneficiarían do servizo.
Afirmación e compromiso que pasados case dous anos non se cumpriron. Os propios veciños estiman que aproximadamente 30 vivendas carecen a día de hoxe do saneamento, especialmente as do dito marxe dereito en sentido Pobra-Boiro, e outras rúas secundarias. Estes veciños da estrada AC-305 séntense marxinados e discriminados por este equipo de goberno ante a imposibilidade de que a medio prazo poidan disfrutar da mesma infraestrutura que si dispoñen a maioría de persoas que viven na Ribeiriña.
Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción do seguinte
ACORDO:
Que se adopten as medidas necesarias para que as vivendas situadas no marxe dereito da estrada AC-305 (sentido Pobra-Boiro), así como as situadas noutras rúas secundarias lindantes ou non co Camiño Real, poidan enlazar de forma inmediata coa rede xeral do saneamento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario