lunes, 19 de marzo de 2012

EN APOIO DOS TRABALLADORES E OS SEUS DEREITOS

A voceira do grupo Municipal Socialista ven de SOLICITAR A SUSPENSIÓN DO PLENO ORDINARIO DE 29 DE MARZO, por coincidir ca convocatoria de folga xeral e solicitarlle que acorde a súa celebración en segunda convocatoria, como xa ten feito en diversas ocasións.

Para o próximo día 29 de marzo de 2012, está convocada unha folga xeral polos sindicatos maioritarios de ámbito nacional UGT e CC.OO, así como por outros sindicatos minoritarios (USO, CNT, CGT, CIG, ELA, LAB, etc.), contra a reforma laboral aprobada polo Goberno de España

Teresa García di: “que mentres non se desconvoque a folga xeral o PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, no que me integro, non comparecerá ao Pleno ordinario da Corporación a celebrar na mesma data, en apoio aos traballadores e en defensa dos seus dereitos”

Que segundo a lexislación de réxime local e o Regulamento Orgánico Municipal o Alcalde goza de facultades para suspender a celebración do Pleno do 29.03.2012 e ordenar a súa celebración en segunda convocatoria.

Tal medida sería respectuosa co dereito de folga recollido na Constitución Española, e facilitaría o seu exercicio polos empregados municipais que así o desexen, sen os cales non se pode garantir a celebración da sesión.

No hay comentarios: