lunes, 19 de marzo de 2012

PASAMOS DE VILA REFERENTE NA COMARCA A NADA

Por inoperancia, desidea ou incompetencia, pasamos de ser unha vila referente na comarca a ter a mesma consideración de vilas próximas como Lousame ou Mazaricos.

Chegamos a esta situación despois de que a consellería competente en materia de política territorial elaborara o Avance cas Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia, que ademais foi recollida nunha publicación, e que foi remitido a todas ás administracións locais e a máis de 500 entidades públicas e privadas para que achegasen cantas observacións, propostas e alternativas considerasen oportunas.

Nesa Memoria inicial establecíase a Vilagarcía como cabeceira e Santa Uxía de Ribeira, Rianxo, Cambados e O Grove como subcabeceiras para fortalecer o desenvolvemento urbano da Ría de Arousa.

Continuaba dicindo esa primeira publicación que as cabeceiras e subcabeceiras xunto a outros núcleos como Aguiño, Palmeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro deberían canalizar a nova oferta de desenvolvementos urbanos.

A estrutura inicial da comarca foi cambiada, Ribeira pasou a ser cabeceira e municipios que non aparecían como subcabeceiras como Porto do Son e Boiro foron incluídos porque os responsables políticos deses pobos non se conformaron cas infraestruturas, equipamentos e servizos de carácter estrutural que se lle ofrecían aos seus concidadáns. Pasou un longo proceso de exposición pública e aínda que a Xunta ten competencias para decidir onde fixar as cabeceiras e subcabeceiras en base a estudos rigorosos previos, as administracións locais tiveron que mostrar novos informes que avalaran eses cambios.

A Pobra non introduciu ningunha modificación, cando este asunto é moi relevante para o futuro crecemento e desenrolo do pobo. Este goberno local conformouse, ou nin sequera leron dita publicación e tampouco convocou, nin informou aos grupos políticos presentes na corporación para presentar unha alegación, en tempo e forma, polo ben da vila, porque este pobo non é nin dos do PP nin dos outros, é dos cidadáns e cidadás.

A Pobra do Caramiñal se ve completamente relegada, está no grupo de vilas consideradas como núcleo principal dos restantes concellos e parroquias rurais nos que unicamente se concentrarán as dotacións básicas de tipo administrativo, docente, sanitario, cultural de carácter local.

Corresponden as cabeceiras e subcabeceiras acoller dotacións como:

· centros educativos con unha oferta completa das diferentes modalidades de ensino establecidas na ESO, no bacharelato e na formación profesional.

· Aumento do número de especialidades e medios de diagnóstico e tratamento nos centros de saúde e hospitais.

· Progresivo desenvolvemento de novas dotacións de ensino especial e non obrigatorio, (escolas de idiomas, de música, artes e oficios, etc), equipamentos deportivos axeitados para o desenvolvemento de competicións oficiais, etc.

· Oficinas de xestión administrativa da Comunidade Autónoma, oficinas de Facenda e da Seguridade Social, servizos de Protección Civil.

· Fortalecemento dos servizos asistenciais.

Estamos a recoller o sentir dunha parte relevante de veciños inmensamente preocupados polo futuro do noso pobo, xa que si non somos subcabeceiras de comarca, nunca poderemos optar a dotacións como as descritas.

Pasamos de ser unha vila referente na comarca a ter a mesma consideración de vilas próximas como Lousame ou Mazaricos.

MOCIÓN PRESENTADA NO REXISTRO DO CONCELLO

Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción solicitando a modificación puntual do Decreto 19/2011 co obxecto de incorporar a Pobra do Caramiñal no grupo de concellos clasificados como subcabeceiras de comarca.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O Decreto 19/2011, do 10 de febreiro, polo que se aproban definitivamente as directrices de ordenación do territorio deixou fóra da clasificación como cabeceira ou subcabeceira de comarca ao concello da Pobra do Caramiñal.

A normativa aprobada polo goberno galego esquece á Pobra do Caramiñal como concello e deixao relegado e nunha posición absolutamente secundaria alonxada da súa relevancia no plano territorial e económico.

Cabe recordar que a Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, configura as directrices do ordenación do territorio (DOT) como un instrumento de carácter global, expresión da política territorial, que debe constituír o marco xeral de referencia establecendo as pautas espaciais de asentamento das actividades, de acordo coas políticas sociais, económicas e culturais emanadas da comunidade, integrando,se é o caso, as emanadas desde o Estado, así como as propostas que xurdan desde as entidades locais.

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas aprobou inicialmente as directrices de ordenación do territorio mediante a Orde do 24 de xuño de 2010, incluíndo o informe de sustentabilidade ambiental, na que se acordou así mesmo someter a información pública as directrices de ordenación do territorio aprobadas inicialmente con todos os documentos que as integran, incluído o informe de sustentabilidade ambiental para os efectos establecidos na Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente.

O día 22 de febreiro de 2011 publicábase no Diario Oficial de Galicia o acordo de aprobación definitiva das directrices de ordenación do territorio de conformidade coa Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

Temos que recordar que as directrices de ordenación do territorio (DOT) teñen como finalidade básica definir un modelo territorial para Galicia que permita orientar as actuacións sectoriais, dotándoas de coherencia espacial e das referencias necesarias para que se desenvolvan de acordo cos obxectivos xerais da política territorial de Galicia, conformando unha acción de goberno coordinada e eficaz. Neste sentido ten levantado un gran malestar a posición irrelevante na que deixa o goberno galego ao concello da Pobra do Caramiñal á hora de planificar a política territorial na área xeográfica na que se atopa o citado concello.

No marco da Lei de ordenación do territorio de Galicia as directrices son o instrumento que ofrece a visión global da ordenación territorial de Galicia e serven como referencia para o resto das figuras de planificación e para as actuacións que desenvolvan tanto as administracións coma os particulares.

É nese contexto onde se pretende, con planificación, consolidar unha rede de vilas e de pequenas cidades capaces de dotar dunha adecuada base urbana e de servizos ao conxunto do territorio galego é aí onde A Pobra do Caramiñal se ve completamente relegada, pois a Pobra está no grupo de vilas consideradas como núcleo principal dos restantes concellos e parroquias rurais nos que unicamente se concentrarán as dotacións básicas de tipo administrativo, docente, sanitario, cultural de carácter local. Pasamos de ser unha vila referente na comarca a ter a mesma consideración de vilas próximas como Lousame ou Mazaricos.

Corresponden as cabeceiras e subcabeceiras acoller dotacións como:

· centros educativos con unha oferta completa das diferentes modalidades de ensino establecidas na ESO, no bacharelato e na formación profesional.

· Aumento do número de especialidades e medios de diagnóstico e tratamento nos centros de saúde e hospitais.

· Progresivo desenvolvemento de novas dotacións de ensino especial e non obrigatorio, (escolas de idiomas, de música, artes e oficios, etc), equipamentos deportivos axeitados para o desenvolvemento de competicións oficiais, etc.

· Oficinas de xestión administrativa da Comunidade Autónoma, oficinas de Facenda e da Seguridade Social, servizos de Protección Civil.

· Fortalecemento dos servizos asistenciais co fin de aumentar a cobertura dos grupos sociais que demandan atención en función das características demográficas e socioeconómicas de cada zona.

Estamos a recoller o sentir dunha parte relevante de veciños inmensamente preocupados polo futuro do noso pobo, xa que si non somos subcabeceiras de comarca, nunca poderemos optar a dotacións como as descritas.

Chegamos a esta situación despois de que a consellería competente en materia de política territorial elaborara o Avance cas Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia, que ademais foi recollida nunha publicación, e que foi remitido a todas ás administracións locais e a máis de 500 entidades públicas e privadas para que achegasen cantas observacións, propostas e alternativas considerasen oportunas.

Nesa Memoria inicial establecíase a Vilagarcía como cabeceira e Santa Uxía de Ribeira, Rianxo, Cambados e O Grove como subcabeceiras para fortalecer o desenvolvemento urbano da Ría de Arousa.

Continuaba dicindo que as cabeceiras e subcabeceiras xunto a outros núcleos como Aguiño, Palmeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro deberían canalizar a nova oferta de desenvolvementos urbanos.

A estrutura inicial da comarca foi cambiada, Ribeira pasou a ser cabeceira e municipios que non aparecían como subcabeceiras como Porto do Son e Boiro foron incluídos porque os responsables políticos deses pobos non se conformaron cas infraestruturas, equipamentos e servizos de carácter estrutural que se lle ofrecían aos seus concidadáns. Pasou un longo proceso de exposición pública e aínda que a Xunta ten competencias para decidir onde fixar as cabeceiras e subcabeceiras en base a estudos rigorosos previos, as administracións locais tiveron que mostrar novos informes que avalaran eses cambios.

A Pobra non introduciu ningunha modificación, cando este asunto é moi relevante para o futuro crecemento e desenrolo do pobo. Este goberno local conformouse, ou nin sequera leron dita publicación e tampouco convocou, nin informou aos grupos políticos presentes na corporación para presentar unha alegación, en tempo e forma, polo ben da vila, porque este pobo non é nin dos do PP nin dos outros, é dos cidadáns e cidadás.

Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción dos seguintes

ACORDOS:

1º.-Que o equipo de goberno informe, faga partícipes e comunique a todos os grupos políticos presentes na corporación, todas aquelas propostas e cuestións que podan modificar o devir ou o futuro do pobo.

2º.- Instar á Xunta de Galicia a:

Facer unha modificación puntual do Decreto 19/2011 polo que se aprobaron as Directrices de Ordenación do Territorio co obxecto de incorporar ao concello da Pobra do Caramiñal no ANEXO de Determinacións das directrices de ordenación do territorio (concretamente no apartado 2.2.5) como subcabeceira do sistema urbano intermedio e parte integrante deste nivel do sistema de asentamentos de Galicia.


No hay comentarios: