Unha vila para o deporte é o título dun panfleto que o goberno da Pobra enviou a tódalas vivendas do pobo. Este libelo que consta de 16 páxinas, con numerosas fotografías e de calidade excelente, financiado cos cartos de todos os Pobrenses, (para que non teñamos dúbidas ó respecto ten o escudo do Concello na súa portada). Mostra futuras instalacións e pretende que os veciños crean que este goberno estivo implicado co deporte e cos deportistas o longo da lexislatura.
Nese panfleto que pagamos todos, e carísimo, nos agochan o abandono de numerosas instalacións deportivas. Hoxe estivemos no Camiño Ancho para demostrar que ¡fácil é falsear a realidade tendo cartos! A petición dos veciños, acudimos a unha pista deportiva que ten dúas porterías sen anclaxes e unhas canastras sen aros que ademais serve de almacén de pedras.
Parece que ao Sr. Alcalde non lle importan os rapaces que queiran practicar deporte nesta pista. Nas noticias vemos con máis frecuencia que a que quixeramos accidentes por caídas de porterías enriba de nenos con resultados de mortes. Os rapaces que queiran practicar deporte no Camiño Ancho non interesan ao PP deste concello, a súa seguridade é insignificante para os actuais responsables do deporte.
Esta pista deportiva o aire libre, así como a de Lamas e Andrés, deberían poder ser utilizadas para o deporte recreativo e útiles para o máximo número de especialidades compatibles e alcanzar unha rentabilidade maioritaria.
O abandono é visible e recuperar espazos en desuso e infrautilizados para a práctica deportiva non é a prioridade do Sr. Maceiras.
Aproveitar para felicitar ós numerosos deportistas do pobo que alcanzan éxitos nos distintos campionatos aos que acoden. Eses éxitos persoais son debidos ao seu esforzo e dedicación e o sacrificio propio e das súas familias e non a axuda recibida polo Alcalde da Pobra, tal e como quere aparentar nos libelos propagandísticos que está repartindo na precampaña electoral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario