jueves, 16 de agosto de 2012

CADRECHE: UN CAMPO DE FÚTBOL NOVO MOI DETERIORADO

 
En xullo do ano pasado o alcalde e o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, inauguraban a bombo e platillo o campo de fútbol de Cadreche. A obra foi financiada na súa totalidade pola Deputación e a Xunta de Galicia cunha inversión de 776.950 euros. Estamos a falar dunha obra que soamente leva un ano en uso e presenta numerosas deficiencias que xa o verán pasado denunciamos e que se fai caso omiso as reivindicacións dos usuarios do campo.
As instalacións adoecen dunha falta total de material e de condicións axeitadas para práctica deportiva.

É preciso dar solucións a unha serie de carencias que deben de corrixirse:


· 
 
·         O acceso ó campo é intransitable no verán, no inverno é unha lameira, que se non se ten coidado terminará por danar o céspede artificial.



 
·         A valla que circunda o campo non conta con proteccións para evitar danos aos xogadores.



·         Falta de porterías móbiles, dotadas de rodas para evitar danar a herba artificial. As actuais son as que había no campo do Xobre, xa deterioradas.
     
   Mellora da rede perimetral, para evitar a saída dos balóns, xa que cada equipo perde diariamente un número importante deles. Neste punto hai que destacar que xa houbo algunhas lesións cando os rapaces van polos desniveis a recoller os balóns. Para elevar a rede perimetral o equipo de goberno pretende aproveitar uns postes da luz, (que xa están amoreados nun lateral do aparcadoiro), apaño insuficiente porque os balóns continuarían saíndo do recinto por non dar a altura necesaria. A rede perimetral debe ter unha altura duns 15 metros aproximadamente.

No hay comentarios: