Hai uns anos, durante o goberno do
bipartito, fracasou un proxecto de seguridade vial para A Pobra que incluía
varias actuacións ó longo da AC-305. Este proxecto foi botado abaixo polo PP
que, habilidosamente foron quen de manipular aos veciños e veciñas afectad@s
polo mesmo. Este proxecto incluía unha rotonda para redistribuír o tráfico na zona
da Devesa, (Escurís), e afectaba naquel intre a unha finca cuxos propietarios
presentaron alegacións ó mesmo.
Agora o Sr. Isaac Maceiras aparece vendendo
una “marabillosa” actuación que contempla a construción da mesma rotonda e con
afección da devandita finca, cando no seu día prometeulle solucionarlle o asunto
para no seren expropiados forzosamente. Unha vez máis, demostrase que cando na
Xunta a goberna o seu partido Isaac di “Sí señor” e cando gobernamos os demais
fai manipulación política e demagóxica para conseguir votos fáciles.
Ao respecto de dita actuación e ante a
falta de información por parte do goberno local, o PSdeG a través dos deputados
Pablo López Vidal e José Manuel Lage Tuñas presentaron no Parlamento de Galicia
unha pregunta escrita sobre “as razóns, os datos e as previsións respecto da construción
dunha rotonda glorieta na estrada AC-305 Padrón- Riveira no Concello da Pobra
do Caramiñal (publicada no BOPG 734 o 18 de xullo de 2012”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario