Estas obras tiveron un custe de 260.000 euros
pagados exclusivamente pola Deputación.
Como vimos dicindo dende hai anos, o mantemento das
instalacións municipais é deficiente, cortase a herba soamente unha vez ó mes,
o rego continúa funcionando aínda que chova e ninguén o vixía, non se
trincha o terreo de xogo, a varanda que circunda o campo está apuntalada para
que non caia, a rede perimetral para evitar que os balóns saian fora
está rota ou non existe, o pintado do campo o teñen que facer os equipos, …
Os clubs levan anos queixándose e advertindo dos
problemas do campo aos responsables do goberno municipal para tratar de evitar
o deterioro, sen que os responsables municipais fagan algo ó respecto. Como é costume
deste equipo de goberno non se adoptan medidas correctoras e continua un ano
máis o deterioro do campo.
Tal abandono está permitindo que os arredores,
e mesmo o campo, sexan utilizados como almacén de sinais, vallas e de outros
materiais do Concello, que non deberan estar no interior dun recinto
deste tipo.
O mesmo abandono sofren as pistas de atletismo con
vallas rotas, as vallas de obstáculos cheas de lixo,a escala dos xuíces
destruída, ….
No hay comentarios:
Publicar un comentario