Mª Teresa García Guillán,
concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao
abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión
plenaria, presenta ó Pleno unha moción
solicitando o coidado e preservación do patrimonio histórico.
EXPOSICIÓN
DE MOTIVOS
O
patrimonio histórico dun pobo é unha parte da súa memoria e a conservación
forma parte da conservación do patrimonio de toda a humanidade.
O coidado e a preservación de todos os
xacementos nunca foi unha tarefa tomada
ca debida seriedade e responsabilidade por parte deste goberno local. Sempre
mostraron indiferenza, falta de atención e vontade, abandono, complicidade e
falta de interese en evitar a destrución de todo o patrimonio relacionado ca
arqueoloxía.
Xa hai algún tempo, a Mancomunidade de
Arousa Norte dedicouse a colocar unhas sinais polo municipio, tales como:
“Necrópole romana e medieval”, “Petróglifo Pedra de Gonderande”, “Mámoa da
Fornela”, … que non levan a coñecer ningún resto arqueolóxico e que unicamente
causan enfado e confusión aos turistas, algún accidente cos vehículos ao
meterse en camiños intransitables e molestias aos veciños do lugar.
O lugar de Quintáns conta con
indicadores que teoricamente levan a unha necrópole romana e medieval e o que
se encontran é unha parcela municipal chea de maleza chamada Detrás do muro da
Fraga. Este enclave municipal conta con dúas pontes unha de pedra e outra de
madeira que permite atravesar o río das Almas e o que antigamente era un
lavadoiro público e que aínda quedan restos e que a vez comunica o Camiño
Sacramental ca parcela municipal.
O lugar de Quintáns é merecedor dun
coidado especial para protexer os restos arqueolóxicos que por certo están nun
pinar de titularidade privada cheo de vexetación e sen ningún indicador que
permita coñecer o lugar exacto onde se atopa a necrópole.
No Petroglifo da Pedra de Gonderande é
imposible localizar o gravado rupestre, acceder ó lugar e atopar a pedra que
está cuberta case na súa totalidade con plantas de kiwi e que se permitiu fai
anos movementos de terras que fixeron que desapareceran algunhas das pedras. O
que si encontramos, son pintadas feitas de non hai moito tempo.
A mámoa da Fornela atópase nunha
situación semellante. Preguntando aos veciños do lugar, algúns son incapaces de
indicar o lugar onde se ubica.
A protección do patrimonio cultural é
unha obriga para tódalas administracións contemplada na Constitución e na
lexislación do patrimonio cultural galego.
Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción dos seguintes
ACORDOS
1º.-
Limpar da maleza a parcela municipal situada en Quintáns chamada pinar de
Detrás do Muro da Fraga solicitando para elo, a autorización previa de
patrimonio, xa que é preceptivo para todos os ámbitos de protección
arqueolóxica.
2º.-
Xestionar ante outras administracións fondos públicos que permitan a
conservación e posta en valor de todo o patrimonio arqueolóxico municipal.
A
Pobra do Caramiñal, 03 de outubro de 2012
Ubicación da necrópole romana e medieval |
No hay comentarios:
Publicar un comentario