viernes, 14 de septiembre de 2012

SOLICITAR MELLORAS NO CAMIÑO DE ENTREHORTAS

Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción solicitando o arranxo do camiño de “Entrehortas”.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Os veciños que utilizan o “Camiño de Entrehortas” están preocupados polo estado deplorable no que se encontra dado o seu estado actual de deterioro e abandono. Este camiño é moi transitado diariamente porque sirve de atallo para numerosos veciños da Ponte Barbanza, Poza de Moraña, Paio,o Agro,…, e lles permite chegar ó centro urbano rapidamente.
Cónstanos que son frecuentes as visitas á alcadía dos usuarios que solicitan principalmente puntos de luz e limpeza, tendo en conta que por algúns lugares pasou unha máquina dúas veces que cortou as herbas das cunetas pero o camiño de Entrehortas quedou esquecido. Ademais as augas discorren sobre o pavimento xa que non existen elementos de canalización e evacuación.
Deberíase abordar a necesidade de converter este camiño ou corredoira nunha estrada adaptada ó tráfico rodado que desconxestionara especialmente a Poza de Moraña xa que desta maneira tamén facemos que o municipio progrese.
A preocupación do concello debería ser velar polo seu amaño máis aínda cando está nunha zona céntrica, con continuo paso de peóns e que podería ser escenario dun indeseado incidente.       
Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción do seguintes

ACORDOS:
1º.- O goberno municipal fará unha actuación urxente de acondicionamento do camiño de Entrehortas que consistirá na limpeza das silvas e da suciedade do chan e colocará algúns puntos de luz.
2º.- Conseguir os fondos necesarios para converter este camiño nunha estrada con acceso rodado.
A Pobra do Caramiñal, 12 de setembro de 2012


No hay comentarios: