martes, 28 de agosto de 2012

AS PRAIAS DO CONCELLO EN TEMPORADA ESTIVAL


Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción solicitando a limpeza das praias do municipio.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O turismo é unha actividade de gran importancia económica. Non é soamente o responsable de xerar riqueza a hostalería e o comercio senón que tamén de crear postos de traballo, dar a coñecer a nosa riqueza natural, gastronomía e costumes. Por iso cada día que pasa debemos de loitar para mellorar co fin de asegurarlle aos turistas e a sociedade en xeral un excelente servizo e lograr fidelidade a favor do noso pobo.
Ven sendo costume que tódolos anos lle temos que solicitar ao equipo de goberno a limpeza dos areais e enclaves turísticos por mor do abandono que sofren. Este pasado 14 de agosto houbo temporal e as praias quedaron cheas de argazo. Outros Concellos se afanaron por retirar os restos. A Pobra do Caramiñal é un municipio de interese turístico, (tal e como reza nos membretes do concello), conta con persoal para a limpeza de praias mediante subvención doutra administración e unha máquina limpapraias, que o concello anunciou nos medios de comunicación, e que lle supón un gasto as arcas do concello para este ano 2012 de 10.000 euros. 
A praias do municipio están totalmente esquecidas ca excepción de Cabío e a Illa. A Corna, os Raposiños, a Punta da Mercé, …,  acumúlanse todo tipo de residuos sen que podan ser utilizadas nas mellores condicións polos residentes e turistas.
Nos Raposiños hai un cartel do Servizo Galego de Saúde que indica que a calidade da auga é excelente, con tres estrelas, pero a praia está chea de argazo.
Na Punta da Mercé hai un pequeno vertedoiro con reumáticos, restos de redes, tubos de plástico, latas, …
Na Corna hai toneladas de argazo, seco e recente, ademais de bolsas con lixo nos areais. Contrasta a parte de Ribeira, (do mesmo areal), que está totalmente limpo e con coidados esmerados.
Estamos en plena temporada estival e o obxectivo é atraer o maior número de turistas, para elo, o longo do ano,se realizan e subvencionan iniciativas turísticas pero si a administración local non se implica resultan estériles e inútiles.
A estas praias acoden multitude de persoas que visto o seu estado teñen que darse a volta, o mellor para non volver nunca máis polo noso pobo. Con vontade, eficiencia e eficacia pódense limpar os areais xa que temos o persoal e as máquinas para poder facelo.
Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción do seguinte

ACORDO:
Que se leve a cabo a limpeza de tódalas praias do municipio ca finalidade de que estean nas mellores condicións para o disfrute dos veciños e turistas.
A Pobra do Caramiñal, 27 de agosto de 2012
 

No hay comentarios: