sábado, 28 de noviembre de 2009

VAMOS SEN RUMBO


A falta de ideas, a perdida da noción de coñecer as necesidades do pobo, a nula frescura de opinións do goberno do Sr. Isaac, lévanos a que un solar no centro urbano da Pobra non se aproveite para ofrecer aos veciños servicios dos que carecemos ou mellorar outros.

Nos anuncian a construcción dunha pista deportiva multiusos na parcela que está enfronte da casa de cultura Raquel Fernández Soler, e que foi cedida por esta. O patrimonio pertencente a Raquel Soler estibo en litixio ata hai pouco tempo, cuestión pola cal este solar estaba en situación de abandono.

O equipo de goberno nese anuncio de construcción de nova pista, podía facer referencia a que a escasos metros deste futuro espacio deportivo, está a pista deportiva de Lamas y Andrés abandonada, as pistas do recheo do Castelo deterioradas, o polideportivo de Venecia e as pistas de tenis onde está o Eroski. Todos estes recintos deportivos están situadas no centro do pobo, a escasos metros uns dos outros.

O Sr. Isaac, soamente se preocupa de facer obras novas para despois deixalas destruír sen facer un mínimo mantemento en ningunha delas. Seguramente pensa que facendo inauguracións xa ofrece credibilidade e xestión a xente do pobo. Os veciños teñen fillos e netos e ven a situación na que teñen as instalacións deportivas, e non digamos as persoas que viven en Lamas y Andrés, que non teñen parque infantil e os nenos corren un grave risco na pista deportiva que teñen no barrio. Debe pensar o PP da Pobra que con esta nova construcción xa lle compensan o deterioro e as falsas promesas.

Os socialistas da Pobra pensamos que ese solar, pola súa situación e dimensións, era excelente para construír un edificio de servicios múltiples, podíase ubicar nel unha gardería, o centro de día, facer unha biblioteca nova, aulas de formación, un centro cultural ou de asociación para mozos, un aparcamento (imprescindible si ofreces tantos servicios).
A estructura do solar é en varios niveles, ten acceso a través de tres rúas, as entradas para os distintos centros podían incluso estar individualizadas e independentes polo exterior.

Desta maneira estaríamos facendo unha agrupación de servicios para intentar reducir custes de persoal e mantemento. Con elo se evitaría o abandono posterior dos inmobles e permanecerían estes servicios no tempo en condicións de uso aceptables.

Este pobo non ten chan onde construír novos edificios públicos, elaboraron un PXOM e foron incapaces de facer reserva de chan para uso dotacional, tiveron a gran idea de clasificalo como zona verde. ¡Como non temos xardíns e sobranos terreo público para infraestructuras!!! ¡ Que grans cabezas pensantes, uns linces!!!
Hai pouco tempo nos daban a alternativa de construír a gardería no polígono industrial da Tomada. Un polígono industrial das características da Tomada é un lugar insalubre, inseguro e nocivo, para a educación e estancia dos menores.

Polo tanto, consideramos que se desperdicia un solar céntrico ubicando nel unha construcción deportiva, tendo en conta que no mesmo barrio hai outra; e tres máis a poucos metros, podendo dedicar este solar tan valioso a servicios básicos dos que carecemos facendo unha modificación do pxom, da mesma maneira que o están facendo ca ampliación da Tomada.

Nestes intres o goberno liderado polo Sr. Isaac carece de miras de futuro, non teñen proxecto de pobo, nin saben a onde queren levarnos aos pobreses, gobernan a salto de mata, sen rumbo.

Conste que os socialistas non nos opoñemos a ningún novo investimento, se reverte en mellorar a calidade de vida dos que vivimos no pobo, sempre e cando non houbera que racionalizar o chan de uso público por ser un ben escaso e por deducción, mal xestionado.

No hay comentarios: