jueves, 3 de diciembre de 2009

CAMIÑANTE NON HAI CAMIÑO, HAI FOCHANCAS NO CAGULO


Os socialistas da Pobra denunciamos a falta de coidado, e abandono no que se encontran moitos dos camiños municipais. A despreocupación e a deixadez do equipo de goberno da Pobra, liderado polo Sr. Isaac, está sendo a tendencia xeral do seu goberno.

A preocupación do PP da Pobra céntrase en arranxar o casco urbano, os xardíns Valle Inclán e a praza rebautizada Segundo Duran, aínda que as aldeas carezan dos servicios básicos.

Estamos a denunciar as fochancas do “camiño do cagulo”, no lugar da Angustia. Este camiño é frecuentado polos veciños da Angustia para acercarse a capela da Merced, sirve como atallo. Está dotado de alumeado público pero é evidente que está intransitable, especialmente cando chove.

As persoas que teñen o domicilio neste lugar teñen que saír obrigatoriamente a rúa en botas de auga ou con flotador. Unha imaxe de tempos pasados que o goberno do Sr. Isaac debe encauzar.

Tendo en conta que hai numerosos plans aos que o concello pode acollerse para dotarse de infraestructuras minimamente aceptables, (plan de cooperación cos concellos, Plan E, novo FEIL, POS, ...), os socialistas lle pedimos que teñan sensibilidade cas persoas que viven nas aldeas xa que na maioría dos casos os servicios básicos que se prestan no rural son deficitarios.

O camiño do cagulo necesita unha reparación urxente, pedimos que escoiten aos veciños cando suplican a intervención do concello para corrixir as deficiencias. Está claro que non se queixan de vicio.

Os usuarios do camiño do cagulo deben estar tremendamente satisfeitos cos servicios que lle presta o concello, mentres no centro se arranxan rúas que xa están arranxadas e poñen flores, na Angustia, (preto da AC-305) case afogan.

Son as prioridades do Sr. Isaac!!!

No hay comentarios: